diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Grada Elevada
  • Más deporte

A Deputación destina preto de 2,4 millóns de euros para apoiar as entidades deportivas da provincia

  • 19 de noviembre de 2024
  • Manuel García
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña destina 2.375.000 euros para apoiar as entidades deportivas da provincia no ano 2025 a través de cinco liñas de subvencións. O Boletín Oficial da Provincia publicou a semana pasada os programas, cuxo prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de decembro ás 14:00 horas.

Estes fondos permitirán dotar de financiamento aos clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro para as súas actividades e infraestruturas. «O obxectivo é apoiar o amplo tecido de entidades deporte da provincia, que desenvolven un labor fundamental na promoción do deporte de base», apuntou o deputado de Deportes, Antonio Leira, que destacou que as axudas chegan cada ano a máis de 500 clubs de toda a provincia e permiten «mellorar os seus equipamentos, organizar eventos deportivos e realizar actividades das que se benefician miles de deportistas de todas as disciplinas».

Así, estes 2.375.000 euros distribúense en varias liñas de subvencións. A convocatoria dotada de máis recursos é a destinada aos clubs deportivos sen ánimo de lucro con equipos ou deportistas que participen en competición federada no ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2025. Os 750.000 euros destinados a estas entidades, que poderán optar a importes de entre 1.000 e 36.000 euros, están previstos para sufragar os gastos derivados da súa participación nestas competicións.

Ademais destes gastos derivados da competición, a Deputación da Coruña tamén pon en marcha unha bolsa de axudas destinadas ao financiamento de infraestruturas e equipamento deportivo para as entidades deportivas da provincia. O importe total da convocatoria son 575.000 euros e as axudas máximas serán de ata 40.000 euros, cun mínimo de 1.000 euros.

A maiores, as entidades privadas sen ánimo de lucro, incluídas as federacións, poderán concorrer na liña de axudas para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2025. O importe de consignación ascende a 500.000 euros e as axudas oscilan entre os 1.000 e os 30.000 euros.

As entidades deportivas sen ánimo de lucro tamén poderán solicitar unha axuda de entre 6.000 e 70.000 euros para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos, singulares ou de especial interese para a provincia durante o vindeiro ano. A convocatoria está dotada cuns fondos totais de 450.000 euros.

Por último, este plan integral de financiamento destinará 100.000 euros aos clubs de remo, piragüismo, vela, salvamento e socorrismo para a adquisición de vehículos de uso deportivo. As axudas que se van conceder serán de 25.000 euros.

Deste xeito, a Deputación da Coruña seguirá apostando por impulsar a actividade de máis de 600 entidades deportivas distribuídas ao longo da provincia cunha asignación orzamentaria que irá medrando durante o ano 2025.

Paralelamente, a institución provincial ten prevista a contratación de técnicos deportivos nos concellos grazas ao investimento de un millón de euros adicional. Este fondo permitirá dotar de recursos ás entidades locais para contar con persoal especializado na dinamización de iniciativas deportivas, algo fundamental para ofrecer á cidadanía programacións deportivas nos seus municipios. Este ano 2024 foron 66 os municipios que contaron cun técnico deportivo cuxa contratación foi subvencionada pola Deputación da Coruña.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel García

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.