diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

O Concello da Coruña organiza un foro sobre educación con Zapatero como invitado estelar

  • 15 de marzo de 2022
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, acompañados polo reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, presentaron este martes en María Pita a primeira das conferencias do II Foro Pensando en Educación, coorganizado polo Concello e a UDC, e que contará con José Luis Rodríguez Zapatero, presidente do Goberno entre os anos 2004 e 2011, como o relator inaugural na edición deste ano.

A conferencia de José Luis Rodríguez Zapatero, ‘A Educación nun mundo global’, terá lugar o vindeiro martes 22 de marzo, ás 19.30 horas, no Paraninfo da UDC. Inés Rey valorou o legado de Rodríguez Zapatero durante os seus anos á fronte do Goberno: “É unha figura indiscutible e pioneira no terreo das conquistas sociais -foi o primeiro presidente feminista de España-. Pero, ademais, conta cun enorme coñecemento e prestixio internacional e falará nun momento tan crítico como o actual que necesitamos afrontar cunha mirada educativa e global”.

A alcaldesa sinalou, ademais, a importancia de que “figuras como Rodríguez Zapatero visítennos para falar de globalidade nun momento como o actual, o que proba que estamos conseguindo que A Coruña volva ser unha referencia dende o local a nivel global no campo dos debates e das ideas”. Para isto, subliñou Inés Rey, “o Foro Pensando en Educación amosa o profundo compromiso que temos coa educación de calidade, un ámbito onde este Goberno local traballa arreo para facer da Coruña unha cidade de referencia na defensa dos valores da educación pública”.

Que veñan a A Coruña figuras como Rodríguez Zapatero para falar de globalidade proba que estamos conseguindo volver a ser unha referencia a nivel global no campo dos debates e das ideas

INés Rey, Alcaldesa da coruña

A primeira edición do Foro Pensando en Educación contou coas achegas de persoeiros tan destacados como Federico Mayor Zaragoza ou María Teresa Fernández de la Vega. Este ano, e despois da conferencia inaugural de José Luis Rodríguez Zapatero, haberá outras catro convocatorias: o 26 de abril, con Míriam Campos Leirós, mestra e coordinadora de Teachers for Future Spain; o 24 de maio, con Marina Echebarría Sáenz, catedrática de Dereito Mercantil na Universidade de Valladolid; o 25 de outubro, con Inma Chacón Gutiérrez, escritora; e, xa o 15 de novembro, con Pilar Alegría Continente, ministra de Educación e Formación Profesional no Goberno de España.

“Grazas ao labor da UDC, representada aquí hoxe polo seu rector, e ao da Concellería de Educación que lidera Jesús Celemín, a cooperación segue dando froitos de forte relevancia -como este foro-. E  seguimos indo da man en proxectos fundamentais para o futuro da cidade, que avanzan, coa forza propia das grandes ideas”, explicou Inés Rey durante a presentación desta segunda edición do Foro Pensando en Educación.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Coruña
    Los socialistas y el BNG cierran un pacto para que el PP “no sume” y evitar que gobierne en los concellos donde ganó sin obtener mayoría
    • 05.06.23
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    Los administradores de una empresa de Culleredo son condenados por estafar a la Xunta con facturación ficticia
    • 05.06.23
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    Lage Tuñas se estrella al intentar el salto del dos al uno
    • 03.06.23
    • Marcos Rodríguez
    • Actualidad
    • Coruña
    La Xunta da luz verde a los accesos al nuevo CHUAC e invertirá en ellos más de 24 millones de euros
    • 01.06.23
    • Marcos Rodríguez
    • Actualidad
    • Coruña
    Jorquera buscará fórmulas para que haya un gobierno de izquierdas en A Coruña
    • 01.06.23
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.