diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

Xosé Lois Penas clausura o II Congreso de Conratación Pública propoñendo políticas públicas máis áxiles e transversais

  • 3 de abril de 2024
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

O deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Lois Penas, clausurou onte o II Congreso de Contratación Pública, que se celebrou os pasados luns e martes no Teatro Colón da Coruña, organizado pola Deputación da Coruña e dirixido polo propio Penas coa coordinación do xefe do Servizo de Patrimonio e Contratación, Luis Jaime Rodríguez Fernández. Fíxoo cun relatorio co que defendeu a necesidade de que a política e a administración estean ao servizo da contratación pública: «A nosa aposta debe ser, inequivocamente, por políticas de contratación estratéxica que combinen a xestión, o control, a responsabilidade, a calidade e o ámbito social con aspectos coma o emprego, a saúde laboral, a conciliación e a solvencia».

Para Penas, as administracións teñen que ser «capaces politicamente de identificar o impacto social dalgunhas políticas públicas en materia de contratación, dende o punto de vista da igualdade, da inserción, da cooperación en materia ecolóxica, de transición e, en definitiva, de economía social e circular, primando a proximidade».

Esas políticas teñen que pasar, segundo o deputado, «por solucións integrais e por buscar un punto de equilibrio entre a xestión e o control que prima na lei de contratos, e esa xestión debe ser eficaz e cuns tempos acordes á nosa sociedade para acabar coa burocratización, co excesivo protagonismo do factor prezo, coa lentitude nos trámites e co uso desapropiado dos contratos menores; para loitar tamén mellor contra a corrupción e as malas prácticas e acadar e eficiencia económica, sempre da man da profesionalización dos axentes que intervimos nos procesos e, por suposto, co participación das peme».

Penas tamén falou da importancia do traballo por obxectivos e por «avanzar cara a unha administración pública altamente profesionalizada, non en canto a coñecementos, pero si profesionalizada en canto a beber dos circuítos de xestión e de mellora de todo o noso tecido empresarial: a solución sempre será ese triángulo entre institucións, empresa e coñecemento». «Insisto», dixo, «hai que obxectivizar os resultados, porque os resultados serán para todos e todas».

Unha mellor contratación pública pasa, para Penas, «por sacarlle todo o potencial ao uso das novas tecnoloxías, comezando por ter unha plataforma de contratación pública axeitada ao ano 2024. Debemos avanzar cara a unha dixitalización absoluta, sen esquecer que ningunha innovación tecnolóxica será de utilidade sen o acompañamento dunha revolución organizativa».

Coa intervención de Penas botou o peche un congreso que reuniu os mellores profesionais nacionais do sector, en dúas xornadas onde se celebraron case unha ducia de conferencias e mesas redondas e se debateu e reflexionou para atopar puntos de encontro e buscar medidas e instrumentos que permitan conseguir unha maior axilidade e simplificación na xestión administrativa da contratación.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad