diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Rosa Ana García destaca a aposta da Deputación polo audiovisual na presentación do Congreso Internacional de Animación que organiza Mundos Digitales na Coruña

  • 18 de junio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A deputada provincial da área de Emprego, Rosa Ana García, participou hoxe na presentación do XXII Congreso internacional de animación, efectos visuais e novos media impulsado pola empresa Mundos Digitales Transmedia, xunto con Ricardo Cao, reitor da Universidade da Coruña; Gonzalo Castro, Concelleiro de Fomento e Promoción no Concello da Coruña; Jacobo Sutil director de AGADIC, e Manuel Meijide, director de Mundos Digitales.

Este evento, único en España, terá lugar do 4 ao 6 de xullo en Palexco e xirará en torno a un programa de conferencias impartidas por especialistas de diferentes empresas do sector audiovisual.

Rosa Ana García destacou a importancia do sector audiovisual para a nosa comunidade e fixo fincapé nos dous grandes proxectos que a Deputación está a impulsar neste eido: o Coruña Estudo Inmersivo e o Ames LAB.

Coruña Estudo Inmersivo (CEI), impulsado pola Deputación, é un plató de 750 m2, que converterase nun dos maiores centros de produción cinematográfica virtual en tempo real VPxR de España, o que situará ao sector virtual galego na vangarda nacional e internacional e que permitirá potenciar o nivel competitivo das empresas do audiovisual galego, á vez que servirá para atraer empresas e talento á nosa provincia.

Este proxecto supón un investimento de 6,7 millóns de euros, dos que 5 millóns están financiados con cargo ao Plan de Recuperacion, Transformación e Resiliencia do Goberno de España a través dos Fondos Next Generation e 1,7 millóns de euros con fondos propios da Deputación. Ademais conta coa colaboración de diferentes entidades chave para o sector audiovisual e TIC, como son o Clúster Audiovisual de Galicia, Clúster TIC , a Universidade da Coruña e o Concello da Coruña. «É un claro exemplo de cando as diferentes administracións amosan a súa colaboración, os proxectos saen adiante», destacou Rosa Ana García.

Coa elección da Cidade das TIC como emprazamento pretende crear sinerxias co sector tecnolóxico das entidades e empresas que alí se instalen. O estudo virtual permitirá crear contidos inmersivos para producións de ficción, realidade virtual e aumentada, que son de aplicación no campo cinematográfico, televisivo, publicitario ou dos videoxogos.

Ademais apuntou que o proxecto suporá o posicionamento estratéxico de Galicia dentro del Plan España, Hub audiovisual de Europa dotado con más de 1.600 millóns de orzamento ata 2025. A través deste programa preténdese transformar o ecosistema audiovisual do país, e impulsar a súa internacionalización e competencia nos mercados internacionais.

Por outra banda, a deputada destacou a posta en marcha dun laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual en colaboración co o Concello de Ames. O Ames LAB, concíbese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais, que está a impulsar novas empresas na súa produción, o fomento do talento emerxente e a dinamización do importante tecido produtivo do sector audiovisual dende o coworking A Proa (Ames), espazo integrante da Rede Provincial de Coworking. A Deputación cofinancia con fondos propios o 80% do custo total do proxecto, é dicir, achega 160.000 euros dos 200.000 euros totais.

A Deputación da Coruña ten a vontade de situar a Galicia como un territorio competitivo para a localización de rodaxes, producións e posprodución, impulsando o sector audiovisual galego. Neste XXII Congreso de Mundos Digitales, participará coa organización dunha masterclass e unha conferencia para a promoción do sector audiovisual galego, dentro da sección de Produción Virtual.

Manuel Meijide destacou, por outro lado, a presenza de importantes figuras do ámbito da animación e os efectos visuais no congreso. Tamén agradeceu a colaboración de todas as institucións que apoian este evento, que durante máis de dúas décadas levan impulsando este Congreso para converter A Coruña na referencia do sector a nivel internacional.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad