diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Palavea recuperará a súa toponimía tradicional con 13 novas referencias

  • 2 de marzo de 2023
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O Concello da Coruña vén de convocar a Comisión de Honras e Distincións (CHD) para o vindeiro día 7, na que prevé aprobar 13 novas referencias no rueiro municipal do barrio de Palavea. Trátase, na maioría dos casos, de topónimos tradicionais que recuperan os lugares asociados anteriormente ao barrio, un dos enclaves poboados máis antigos dos que se teñen constancia no territorio da Coruña, desde o século XV.

A través desta iniciativa, que dá continuidade a experiencias previas xa executadas en distritos como Xuxán, o Goberno de Inés Rey busca atender ás especificidades identitarias dos barrios da Coruña, “coidando o patrimonio toponímico do concello, e devolvendo á actualidade o nome tradicional de camiños e lugares, tal e como é a obriga das Administracións públicas en base á Lei de Patrimonio de Galicia”, apuntou a rexedora.

No caso de Palavea, a proposta céntrase na recuperación da toponimia e microtoponimia dos lugares que conforman o núcleo. “Falamos da toponimia maior no caso das aldeas, barrios e lugares habitados en Palavea, e de toponimia menor no referente aos nomes dos predios, leiras ou fontes”, precisou Inés Rey, “nomes que a miúdo persisten a través da tradición oral, pero que é preciso conservar no propio rueiro”.

Neste sentido, o Concello prevé delimitar no mapa de rúas e espazos públicos de Palavea ata 13 referencias que consisten, en primeiro lugar, na conservación da denominación de entidades poboacionais máis tradicionais, como é o caso do Río de Palavea, e incluír no rueiro, ademais, referencias ao Camiño da Cascoña, o Campo da Pena e o Monte Alfeirán, entre outras.

As 13 referencias ás que se prevé dar aceptación na Comisión de Honras e Distincións son as seguintes: rúa Palavea Vella; rúa do Curro de Eguas; rúa da Fontaíña; rúa do Laranxeiro; Camiño da Cascoña; rúa do Río de Palavea; Campo da Pena; rúa do Monte Alfeirán; rúa do Souto; rúa da Costa Vella; rúa do Raposo; rúa do Corbatín; e rúa das Vivendas de Santa Cristina.

O Goberno municipal agradece o traballo da asociación veciñal Os Nosos Lares para a recuperación da microtoponimia do barrio, así como as súas propostas e achegas para establecer os nomes do rueiro.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Coruña
    Miguelanxo Prado dimite como director de Viñetas desde o Atlántico tras 25 años: “Ter algo que funciona e ver só atrancos é moi doloroso”
    • 30.03.23
    • Marcos Rodríguez
    • Actualidad
    • Coruña
    Vecinos critican la dejadez del Concello con los plumachos que dificultan la circulación en el acceso a la zona del Coliseum
    • 30.03.23
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    Jorquera censura a foto de Inés Rey en Alfonso Molina: “Son necesarias realidades e non anuncios preelectorais”
    • 30.03.23
    • Manuel Pastor
    • Actualidad
    • Coruña
    Los vecinos de la Ciudad Vieja de A Coruña exigen más control contra los vehículos estacionados sin autorización
    • 29.03.23
    • Marcos Rodríguez
    • Vida
    • Culturas
    A Coruña reforza a súa oferta audiovisual coa Mostra (S8) de Cinema Periférico
    • 29.03.23
    • Manuel García
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.