diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

Os Plans de Sustentabilidade Turística da Deputación benefician a 25 concellos da provincia da Coruña

  • 11 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse hoxe coa secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, para avaliar o desenvolvemento dos cinco Plans de Sostenibilidade de Destino Turístico (PSTD) cofinanciados con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e liderados pola institución provincial.

Na reunión participaron tamén o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, a subdelegada, María Rivas, e persoal técnico da área de Turismo da Deputación.

Formoso explicou que a Deputación «lidera cinco Plans de Sustentabilidade de Destino Turístico (PSTD) que benefician a 25 concellos coruñeses cun investimento de preto de 8 millóns de euros e que inciden en aspectos relevantes como o ambiental, a recuperación do patrimonio histórico, a gastronomía ou a recuperación de infraestruturas tradicionais que estaban en desuso, como a Vía Verde».

«A concesión destes PSTD por parte do Goberno de España avala o traballo previo realizado pola Deputación en cuestións como o impulso ao Xeoparque do Ortegal, a posta en marcha da Vía Verde Tambre-Lengüelle, a maior de Galicia ou o proxecto de recuperación das antigas baterías militares da costa de Ferrolterra, que o Goberno valorou positivamente para a concesión destes PSTD, dotados con fondos importantes para destinos turísticos sustentables», afirmou o presidente.

Ademais dos citados plans, a Deputación lidera tamén os PSTD dos Fogóns do Anllóns e as Fragas do Eume, dotados con 1,5 millóns de euros cada un deles.

Pola súa banda, a secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, destacou que estes PSTD «forman parte del Plan de Recuperación y Transformación del Gobierno de España, creado tras la pandemia y dotado con 3.400 millones de euros para la transformación del sector turístico, y destinados a hacer nuestros destinos más competitivos, pero también más sostenibles en los ejes medioambiental, económico y social».

«Estos cinco planes de la provincia de A Coruña son un buen ejemplo de cómo transformar un destino para hacerlo más competitivo, para diversificar su producto turístico y desestacionalizar la temporada para tener visitantes de forma más sostenida a lo largo de todo el año con acciones como la puesta en valor del patrimonio», afirmou a secretaria de Estado.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.