diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

Os Embaixadorxs Destino Europa de EUROPE DIRECT A Coruña inician a campaña en liña de difusión de iniciativas europeas entre a mocidade

  • 4 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Mozos e mozas da provincia da Coruña serán durante as vindeiras tres semanas Embaixadorxs Destino Europa e axudarán difundir as iniciativas da Unión Europea para a mocidade a través das súas redes sociais.
Esta campaña de EUROPE DIRECT A Coruña comeza hoxe 4 de abril e poderá seguirse a través da rede social Instagram baixo o cancelo #Embajadorxs2024 ata o día 26 deste mes. Durante este tempo, nove mozos e mozas da provincia de entre 18 e 25 anos compartirán entre os seus seguidores información de programas como o Erasmus Plus, o Erasmus for Young Entrepreneurs, o Corpo Europeo de Solidariedade, as iniciativas EU Youth Dialogue e o European Youth Event, as Eleccións Europeas 2024, a rede EURES, o concurso DiscoverEU e o Interreg Volunteer Youth.

O grupo de embaixadores participa en dúas reunións en liña preparatorias nas que se lles proporciona información precisa para desenvolver o seu papel. A primeira estivo orientada a coñecerse e recibir apoio e formación para desenvolver a campaña. No segundo encontro, que se celebra hoxe, día do comezo das publicacións da campaña, teñen a oportunidade de conversar coa responsable de Comunicación da Representación da Comisión Europea en España e con outros mozos e mozas que tamén serán embaixadores polo centro EUROPE DIRECT de Asturias, que colabora con EUROPE DIRECT A Coruña para darlle unha dimensión estatal á iniciativa.

Unha vez realizado o seu labor de embaixadorxs, os e as participantes serán premiados cun bono Interrail Global Pass, que lles permitirá viaxar por Europa durante un mes cun número total de sete días de transporte en ferrocarril.

EUROPE DIRECT organiza esta actividade dentro da programación do ClubUE, un espazo virtual pensado para achegar a mocidade as oportunidades que existen dentro da UE. O obxectivo da proposta é implicar á xuventude da provincia para que se active como cidadanía europea e tamén achegar información sobre as oportunidades da UE á xente moza.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.