diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Os deputados coruñeses do PP lamentan que Sánchez «premie con 450.000 millóns aos independentistas mentres nega a condonación da débeda do Porto Exterior»

  • 3 de octubre de 2023
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

Os deputados coruñeses, Miguel Tellado, Marta González, Tristana Moraleja e Álvaro Pérez, cargaron hoxe contra o líder do PSOE, Pedro Sánchez, ao que acusan de premiar aos partidos independentistas con perdoar os 450.000 millóns de euros que Cataluña debe ao Estado, mentres se nega a condonar a débeda de 300 millóns pola construción do Porto Exterior de Punta Langosteira.

Os populares, que volveron a insistir no “maltrato” ao que Sánchez someteu á provincia da Coruña durante os últimos anos pola falta de investimentos, incidiron en que a súa formación non permitirá que os veciños da Coruña paguen co diñeiro dos seus impostos os “caprichos” das formacións independentistas e, moito menos, explicaron, as “ansias de poder” dun Sánchez “disposto a vender a súa alma ao diaño para ser investido presidente do Goberno”.

Neste sentido, os deputados defenderon que os veciños da provincia son iguais que os de calquera lugar de España e, polo tanto, teñen os mesmos dereitos. “É intolerable a discriminación que Sánchez pretende facer con tal de lograr a súa investidura”, dixeron os populares, ao tempo que incidiron no feito de que os PSOE, en vez de estar de cuestións fundamentais, como a mellora das nosas infraestruturas ou a chegada da alta velocidade a toda Galicia, quere beneficiar a unha soa Comunidade a costa de quitarlle ás outras.

“A realidade é que na poxa de Sánchez caben amnistías, un referendo de independencia e ata medio billón de euros, pero no caben as necesidades e as demandas da nosa provincia”, afirmaron os populares, ao tempo que se pregunta “a ver con que cara miran aos galegos desde o PSdeG e tamén desde o BNG se finalmente acaban aceptando todo o que piden os independentistas”. 

Dende o Partido Popular da provincia da Coruña aproveitaron tamén para subliñar que o debate de investidura serviu para “retratar” a un Sánchez que non quixo participar e que coa súa actitude demostrou “covardía e falta de respecto institucional”.

“A nós gustaríanos que España tomase o rumbo que describiu Alberto Núñez Feijóo. Non só propuxo medidas que Galicia, co presidente Rueda á cabeza, leva tempo reclamando, como a axilización dos proxectos industriais estratéxicos, a flexibilización do MIR ou a despolitización da Educación, senón que tamén por levar a toda España medidas que os galegos levan tempo desfrutando, como a gratuidade da educación infantil, o reforzo da saúde mental ou máis axudas para as familias numerosas”, indicaron os populares que non dubidaron en que o BNG demostrou a súa “irrelevancia” tanto para Sánchez como para Galicia

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad