diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

O PP advirte que Formoso foi neste mandato a tan só dous plenos do concello do que é alcalde

  • 24 de febrero de 2022
  • Redacción
Total
7
Shares
7
0

O viceportavoz do Partido Popular na Deputación da Coruña e secretario provincial dos populares na provincia, Evaristo Ben, asegurou que escoitou “desagradablemente sorprendido” as palabras do presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, nas que reclama ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, que decida xa entre Galicia e o PP porque, na súa opinión, a Xunta e os galegos merecen un gobernante a tempo completo.

“É o último que podiamos esperarnos dunha persoa que utilizou unha institución tan importante como a Deputación da Coruña para o seu interese persoal e a súa carreira política cara á secretaría xeral do seu partido”, asegurou Ben, quen non dubidou en subliñar que hai que ter “moi pouca vergoña para dar consellos sen predicar co exemplo”.  

Neste sentido, o viceportavoz dos populares incidiu en que a súa formación nunca esixiu que o señor Formoso abandonase a presidencia da institución provincial ou a alcaldía das Pontes. “Sempre mantivemos unha postura de respecto institucional cara ás súas decisións pese ao prexuízo que esta situación está a producir nos veciños da provincia da Coruña”, expuxo.

Dous asistencias en todo o mandato de As Pontes

Non en balde, Ben fixo fincapé no dato de que o señor Formoso só acudiu a dous plenos do seu municipio no que vai de mandato, e chamou a atención no baixo índice de execución orzamentaria en materia de gasto que rexistra a Deputación da Coruña nos últimos anos.

“Son as consecuencias que se derivan de que un presidente da Deputación da Coruña acapare tantas responsabilidades. Ao final non cumpre co seu labor en ningún sitio e a nós, desde o PP, que non o faga como secretario xeral do PSdeG dános igual, pero que iso suceda como alcalde de As Pontes e como responsable máximo da institución provincial parécenos algo intolerable”, subliñou Ben.

Ante esta situación, o secretario provincial reclamou “prudencia” ao líder do PSdeG nos seus discursos porque, na súa opinión, coas declaracións de hoxe en Lugo –lonxe de A Coruña e de As Pontes- queda en evidencia a súa falta de criterio. “Consellos vendo que para min non teño. Esa é a política que predica o señor Formoso que debería preocuparse máis por xestionar as institucións nas que está presente e deixar de obsesionarse polo futuro de terceiras persoas”, apuntou Ben.

O popular aproveitou tamén para poñer en valor o “firme compromiso” que o presidente autonómico sempre demostrou con Galicia e engadiu que, ao contrario do que sucede cun Formoso ao que definiu como “o ausente”, Núñez Feijoo “sempre foi de cara e soubo explicar todas e cada unha das súas decisións aos galegos”.

Total
7
Shares
Share 7
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Galicia
    Abanca cerró 2022 con un beneficio de 217 millones de euros
    • 27.01.23
    • Marcos Rodríguez
    • Actualidad
    • Coruña
    Miguel Lorenzo se compromete a incrementar en un 40 por ciento la inversión en recursos para el deporte en A Coruña
    • 27.01.23
    • Manuel Pastor
    • Actualidad
    • Coruña
    Jorquera considera que Inés Rey no ha hecho nada por defender el modelo de Nostián ante el Gobierno Central
    • 26.01.23
    • Redacción
    • Coruña
    • Actualidad
    El Tribunal Supremo admite el recurso contra la designación de A Coruña como sede de la Agencia de Inteligencia Artificial
    • 26.01.23
    • Manuel Pastor
    • Actualidad
    • Coruña
    La Xunta alivia parte del problema de transporte público en Novo Mesoiro con un bus escolar al colegio Sardiñeira
    • 26.01.23
    • Marcos Rodríguez
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.