diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

O POS Social da Deputación da Coruña destina 7 millóns de euros para reforzar os servizos sociais dos concellos da provincia

  • 15 de enero de 2025
  • Manuel García
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña destina 7 millóns de euros para reforzar os servizos sociais dos concellos. Faino a través do POS Social, a achega adicional do Plan Único destinada a financiar os gastos sociais extraordinarios dos concellos, que estes días se aprobaron nos plenos dos municipios da provincia, xa que o prazo de solicitudes remata hoxe.

Os fondos do POS Social serán destinados por cada concello a financiar as súas necesidades específicas no eido das políticas sociais: contratación de persoal técnico e administrativo adscrito aos servizos sociais municipais, axudas para persoas maiores e familias en risco de exclusión social, ampliación do servizo de axuda no fogar ou servizos como xantar na casa, reforzo dos programas municipais de respiro familiar, conciliación ou envellecemento activo, reforzo das axudas para persoas sen fogar ou axudas económicas para fogares en situación de pobreza enerxética son algúns dos conceptos que poden ser financiados con estes fondos para gasto social incluídos no Plan Único.

«O POS Social supón un importante apoio para impulsar programas e servizos sociais dos concellos que melloran a vida de miles de persoas de colectivos especialmente vulnerables, como persoas maiores, dependentes, persoas con diversidade funcional ou menores», destacou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Entre os investimentos aprobados polos concellos este ano con cargo ao POS Social hai programas de envellecemento activo, servizos municipais de atención a urxencias sociais, programas de vivenda para familias vulnerables ou servizos de apoio escolar para alumnado con especiais dificultades ou en risco de exclusión social.

O POS Social tivo a súa orixe en 2020, cando o goberno de Valentín González Formoso decidiu modificar as bases do Plan Único para incluír unha partida específica destinada a apoiar economicamente aos concellos ante o incremento do gasto social derivado da pandemia. Catro anos despois supuxo un investimento de 61 millóns de euros nos concellos que serviron para reforzar a rede de protección social en toda a provincia e para pór en marcha novas iniciativas neste eido.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel García

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.