diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

O pleno da Deputación aproba máis de 3,8 millóns de euros en melloras de estradas provinciais en Rois, Curtis, Boiro e Pontedeume

  • 20 de diciembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade na sesión plenaria celebrada hoxe catro proxectos en estradas de titularidade provincial situadas nos termos municipais Rois, Curtis, Boiro e Pontedeume. A suma total dos investimentos para a mellorar das vías é de 3.851.177,74 euros.

O proxecto aprobado con máis dotación orzamentaria é o de ampliación e mellora da DP 7402, entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+543, de Martelo a Augasantas, no Concello de Rois. Estes traballos contarán cun orzamento de 2.041.188,47 euros e un prazo de execución de 12 meses, xa que as actuacións previstas para o ensanche e acondicionamento da vía inclúen a ampliación da sección da calzada mediante carrís de 3,5 metros e a formación de beiravías e berma de medio metro. Ademais, mellorarase o trazado suavizando as curvas para permitir un tráfico máis fluído.

Así mesmo, está prevista a prolongación ou construción dunha drenaxe transversal, a sinalización e balizamento da estrada para ampliar, a reposición dos servizos afectados e unha mellora da ligazón coas estradas de titularidade autonómica AC-308 e AC301 para facilitar na medida dos posible todos os xiros dos vehículos. Para acadar todos estes obxectivos será precisa a execución de terrapléns e desmontes.

Por outro lado, en Curtis está prevista unha modificación de ampliación e mellora da DP 3201, entre Estación Curtis e Carregal e Gorxa, ademais dunha senda peonil en Santaia. O orzamento das obras é de 1.389.161,29 euros e o prazo de execución, de 9 meses.

A actuación contempla a ampliación do ancho da calzada actual ata os 9 metros, cunha configuración de dous carrís de 3,5 metros de ancho, un por sentido, e beiravías de un metro en ambas marxes. No tramo inicial, entre o 8+400 e o 8+600 producirase a transición entre o ancho actual da calzada e a nova sección transversal prevista. Mentres, no tramo que atravesa o núcleo rural de Santaia manterase o ancho actual, xa que a vía discorre nunha zona con presenza de bens catalogados. Substituirase o pavimento de aglomerado actual por un pavimento de formigón para resaltar a continuidade do núcleo rural.

Nas proximidades do núcleo de Santaia proxéctase unha mellora local de trazado cun tramo de variante de 100 metros de lonxitude que permite suprimir tres curvas moi acusadas de reducido radio, afastar a estrada do centro parroquial e cemiterio e reordenar os accesos, mediante o deseño dunha nova intersección, que facilita o acceso de vehículos pesados a unhas instalacións de transformación dunha cooperativa agropecuaria existente. De igual forma, na mesma zona, entre os puntos quilométricos 8+700 e 9+700, na marxe esquerda, prevese a execución dunha senda peonil de dous metros de ancho, con pavimento de formigón.

Por último, contémplase a renovación das obras de drenaxe transversal situadas á altura de los puntos quilométricos 3+568 e 3+793 mediante tubaxes de formigón. Para previr a chegada de arrastres cara a calzada, está proxectada a pavimentación das interseccións dos camiños de servizo coa vía provincial mediante pavimento de formigón.

Por outra banda, na DP 1105 Noia a Boiro realizarase unha actuación de mellora de capa de rodaxe, con mestura bituminosa en quente, entre os puntos quilométricos 14+031 e 15+603, ambos no termo municipal boirense.

Así, proxéctase o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente e a posterior posta a cota das tapas de rexistro e sumidoiros existentes. Inclúese o fresado mediante medios mecánicos nas interseccións da estrada provincial con outras vías e no tramo final de travesía, debido á altura actual dos bordos das beirarrúas. Tamén se contempla a recolocación do paso de peóns situado á altura do PK 15+107, para o que será necesaria a realización dun pequeno tramo de muro de dique na marxe dereita e dous tramos de beirarrúa en ambas as marxes.

Por último, reporanse as marcas viarias de eixo, bordos, pasos para peóns e inscricións; así como as unidades de sinalización vertical, balizamento e defensa necesarias. O orzamento desta actuación é de 279.728,84 euros e o prazo de execución é de 4 meses.

O pleno da Deputación tamén deu luz verde á actuación na estrada DP 6902, de Pontedeume a Pedra da Auga, para mellorar a seguridade viaria a través da actuación superficial no firme, no tramo entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+880.

Dita intervención chega como consecuencia da observación do importante deterioro da capa de rodaxe, consecuencia dos efectos meteorolóxicos. A actuación, que conta cun orzamento de 141.099,14 euros e será executada ao longo de tres meses, consiste nos saneamentos puntuais da capa superficial nunha superficie aproximada de 266,00 m2 e a posterior dotación dunha capa nunha superficie de 12.811,500 m².

De xeito posterior, sinalizaranse os tramos de actuación dotándoos de marcas viarias con pintura acrílica en base acuosa para conformar tanto o eixo como as bandas laterais de calzada. Todo isto complementarase con sinalización vertical para a mellora da seguridade viaria de todo o tramo.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.