diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

O Plan Único da Deputación acumula preto de 8 millóns de euros investidos en Coristanco, con 41 obras que melloran a calidade de vida da veciñanza

  • 19 de julio de 2024
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado do alcalde Juan Carlos García Pose,visitou hoxe o concello de Coristanco, onde destacou a «contribución fundamental» do Plan Único para mellorar as infraestruturas e servizos básicos do municipio, «o que contribúe a mellorar a calidade de vida da veciñanza e axuda a fixar poboación».

Na visita estiveron tamén presentes a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, o concelleiro de Obras, Enrique Tasende, o portavoz do Partido Socialista na localidade, José Manuel Pérez, e o portavoz do BNG, José Antonio Andrade.

«A creación do Plan Único supuxo multiplicar entre tres e catro veces a achega económica da Deputación aos municipios da provincia, permitindo ademais que sexan os propios concellos os que decidan o destino dos investimentos», explicou Formoso, que destacou que desde 2017 «o POS+ acumula preto de 8 millóns de investimentos en Coristanco e financiou un total de 41 obras», entre as que destacan a humanización de rúas, a dotación de novas redes de saneamento e abastecemento de auga, a construción de sendas peonís, a mellora de estradas e camiños rurais ou obras de renovación en infraestruturas como o polideportivo ou a piscina municipal.

O alcalde, Juan Carlos García Pose agradeceu a visita do presidente. «Tiven a oportunidade de comentar con el a importancia que teñen para un concello rural os plans provinciais e a cantidade de cuestións que podemos resolver grazas a eles. Agradezo tamén a súa receptividade para continuar mellorando infraestruturas, como a estrada que hoxe imos a ver», apuntou.

Este ano, o Plan Único supera os 100 millóns de euros para os 93 municipios coruñeses, o que permitirá que Coristanco reciba 665.618 euros, dos que 101.321 serán destinados a financiar gasto corrente de servizos municipais, 92.263 a gasto social e preto de medio millón para financiar as obras de mellora do centro sociocultural de Santa Baia (235.950 euros), a ampliación da rede de saneamento no núcleo da Costa do Carrizal (85.612 euros) e e a construción dunha nova senda peonil no lugar da Cuca-Rececinde (187.187 euros).

Formoso e García Pose supervisaron as obras realizadas da Casa Consistorial, nas que se investiron 195.632 euros para mellorar a accesibilidade, que incluíron a instalación de ramplas de acceso e un ascensor e despois desprazáronse a Oca para supervisar outra das 41 obras financiadas polo Plan Único no municipio: a reurbanización da estrada de Avieira a Oca, nas que a Deputación e Concello investiron 444.378 euros (o 75% con fondos provinciais) para mellorar a seguridade viaria, a accesibilidade e a estética da zona e que inclúen tamén a renovación de servizos.

As obras executáronse no tramo que vai da intersección da estrada Avieira-Oca coa AC-552 ata o cruceiro de Oca e consistiron na ampliación da plataforma do vial, que pasou a ter unha anchura de sete metros, e a creación de novas beirarrúas e zonas axardinadas que melloran a seguridade de vehículos e peóns, a accesibilidade e a estética da zona.

A zona conta con novas beirarrúas de formigón coloreado na marxe sur, zonas axardinadas entre a zona peonil e a zona de tránsito de vehículos e novas beirarrúas tamén entre o cruceiro e o colexio infantil de Oca executadas con lousas de granito sobre formigón.

Os traballos incluíron tamén a renovación da canalización ou soterramento de servizos como saneamento e abastecemento de auga, alumeado público e telecomunicacións.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.