diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

O esqueleto urbanístico do Martinete será derrubado no primeiro trimestre de 2025

  • 15 de mayo de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, informou esta mañá sobre os asuntos tratados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que aprobou este mércores a licitación das obras de demolición do esqueleto urbanístico existente no barrio do Martinete, traballos que se completarán, previsiblemente, no primeiro trimestre de 2025.

A estrutura, situada entre as rúas Mozart e Luís Peña Novo, comezou a construírse nos anos da crise financeira do 2008, mais a propiedade nunca chegou a completar as obras necesarias para dar acceso ás vivendas, polo que o edificio ficou sen rematar e, polo paso do tempo e a conseguinte deterioración da estrutura, as obras declaráronse ilegalizables. Lage apuntou, neste sentido, que «o esqueleto ocupa un soar dunha superficie de máis de 1.100 metros cadrados, e co paso dos anos foi converténdose nun foco de insalubridade e maleza, entrañando tamén un risco para a seguridade das persoas pola súa progresiva deterioración, ante a inacción da propiedade, que fixo caso omiso das súas obrigas: primeiro, a de rematar a construción; e, a segunda, a de rehabilitar e manter a estrutura».

Por este motivo, dado que a propiedade non atendeu os requirimentos do Concello, e tras avaliar o estado do edificio, o Goberno municipal optou por recorrer á vía da execución subsidiaria de cara á súa demolición total. O orzamento base de licitación do proxecto ascende a algo máis de 773.000 euros, «investimento que deberá afrontar o Concello da Coruña para completar o plan de traballos, que, lembremos, se asume porque a propiedade non atendeu as súas responsabilidades», incidiu Lage. Unha vez que se adxudiquen as obras, o plan de traballo para derrubar o esqueleto terá que completarse nun prazo máximo de catro meses. 

Lage destacou, ademais, que a licitación das obras para demoler o esqueleto «dan continuidade ao plan de melloras previsto polo Goberno de Inés Rey tanto no Martinete como na súa contorna», Cómpre lembrar que, a finais de marzo, tamén comezou a reurbanización da rúa Manuel Ferrol, arredor do residencial do Birloque.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.