diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

O Concello da Coruña ofrece 825 prazas para os campamentos de Nadal

  • 22 de noviembre de 2023
  • Emilio S. Blanco
Total
0
Shares
0
0

O Concello da Coruña organiza unha nova edición dos campamentos de Nadal, cunha oferta total de 825 prazas entre os Centros Cívicos Municipais, o Centro Sociocultural Ágora e o Fórum Metropolitano.

A través desta iniciativa, o Goberno de Inés Rey busca facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares de finais de decembro e inicios de xaneiro, promovendo ademais a interrelación dos máis pequenos con obradoiros onde se incentiva a aprendizaxe e a creatividade das nenas e nenos participantes.

A meirande parte das prazas ofertadas están adscritas aos campamentos de Nadal que se celebrarán nos Centros Cívicos Municipais. Son un total de 525, destinadas a menores de 4 a 12 anos (nacidos entre o 01/01/2011 e o 31/12/2019).

Os campamentos terán lugar os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro deste ano, así como os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024. Para participar nos campamentos terán preferencia as e os menores empadroados no concello da Coruña. Ademais, ofertaranse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades de carácter grupal.

Está previsto un horario xeral de campamentos (10.00 a 14.00 horas), aínda que nalgúns centros tamén haberá un horario ampliado (9.00 a 14.30 horas). O prezo para as familias en horario xeral será de 26 euros; o do horario ampliado, de 32 euros.

  • Centros cívicos municipais só con horario xeral (10.00 a 14.00): Pescadores, San Pedro de Visma, Artesáns, Feáns, A Silva, Santa Lucía, Sagrada Familia.
  • Centros cívicos municipais con horario ampliado (9.00 a 14.30): Monelos, Monte Alto, Mesoiro, San Diego, Castrillón, Labañou, Os Rosales, Os Mallos, Elviña, Palavea, Cidade Vella, Eirís, Novoboandanza.

Preinscrición nos campamentos dos Centros Cívicos Municipais

A preinscrición nos campamentos dos Centros Cívicos Municipais poderá realizarse os días 27, 28 e 29 de novembro, de dúas maneiras:

  • Preferentemente en liña a través do formulario dispoñible na web municipal de  Servizos Sociais que estará aberto desde as 00:00 horas do día 27 de novembro ata as 23:59 horas do día 29 de novembro.
  • Por teléfono, no número 604 10 54 93 en horario de atención de 9:00 a 20:00 horas ininterrompidamente.

As listaxes de prerexistrados publicaranse o 1 de decembro no taboleiro de anuncios dos Centros Cívicos, e poderán consultase a través do 010 e na web municipal de  Servizos Sociais . Poderán facerse reclamacións ás listas de preinscrición os días 1, 4 e 5 de decembro mediante correo electrónico a campamentos@serviplus.org, ou chamando ao número de teléfono 604 10 54 93.

Xa o 7 de decembro, ás 10:00 horas, levarase a cabo o sorteo das prazas en cada un dos Centros Cívicos Municipais. O sorteo das prazas de menores con diversidade funcional realizarase á mesma hora no Centro Cívico Municipal de Monelos. As listaxes de admitidos e as listaxes de agarda publicaranse o 12 de decembro na páxina web de  Servizos Sociais , nos centros cívicos e poderán consultarse no 010.

A inscrición definitiva e o pago dos campamentos poderá facerse os días 13, 14 e 15 de decembro de dúas formas:

  •  Transferencia bancaria á conta ES60 0238 8125 5206 0272 8953 do Banco Santander enviando o xustificante de pago a campamentos@serviplus.org co nome do menor admitido no campamento, centro cívico e modalidade horaria.
  •  Na web de  Servizos Sociais achegando no formulario o xustificante de pago conforme realizouse a transferencia bancaria. Toda a información referente aos campamentos poderá consultarse na web municipal, no 010 ou nos centros cívicos municipais.

‘Descubrindo o papel’: Obradoiros creativos no Ágora e o Fórum

En paralelo, e a través da Área de Fomento e Promoción da Cidade, tamén se levarán a cabo os campamentos urbanos de Nadal que acollerán o Centro Sociocultural Ágora e o Fórum Metropolitano os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, así como os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024.

Neste caso, ofértanse de forma específica 300 prazas -150 por centro-, destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2019. Deste total de prazas, e ao igual que no caso dos campamentos nos Centros Cívicos, reservarase unha porcentaxe a menores solicitantes con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades de carácter grupal.

Durante os campamentos, a rapazada poderá disfrutar con obradoiros creativos no que o papel será o grande protagonista. As nenas e nenos aprenderán a pintar, a escribir contos máxicos, a recortar siluetas e a achegarse, polo xeral, ao eido das artes.

Está previsto un horario ordinario de 10.00 a 14.00 horas, con cinco posibilidades de ampliación horaria, para conciliación familiar (8.30 a 14.00; 8.30 a 14.30; 9.00 a 14.00; 9.00 a 14.30; 10.00 a 14.30). Para activar algunha destas modalidades, é imprescindible que haxa un mínimo de dez participantes.

O prezo dos campamentos, con horario ordinario, será de 35 euros. No referente ás opcións con ampliación horaria, serán os seguintes:

  • Opción A (10.00 a 14.30): 38 euros
  • Opción B (9.00 a 14.00): 40 euros
  • Opción C (9.00 a 14.30): 42,50 euros
  • Opción D (8.30 a 14.00): 42,50 euros
  • Opción E (8.30 a 14.30): 45 euros

Cando abrirá o prazo de inscrición nos campamentos de Nadal de Ágora e Fórum

Será o día 29 de novembro, a través deste formulario, que tamén se pode atopar na páxina web de  Cultura Coruña . A inscrición é directa ata cubrir as prazas, e todo o proceso será telemático.

Unha vez enviado o formulario, a persoa solicitante recibirá un primeiro correo electrónico co acuse de recibo da información indicada no dito formulario. E, nun plazo máximo de 24 horas, un segundo correo coa confirmación da praza (se se fai a inscrición en fin de semana, será ó longo do seguinte luns). Cando nese segundo correo se reciba esa a confirmación da praza, terá que procederse ao ingreso do importe correspondente á modalidade horaria elixida, no seguinte número de conta: ES39 0182 5778 0902 0158 4988.

Unha vez aboado, a persoa solicitante terá que enviar desde a súa conta un correo electrónico a forumagora@serviplus.org co xustificante da transferencia ou unha captura de pantalla da mesma, que permita cotexar que o pago é correcto. O prazo para o envío do correo co xustificante bancario rematará o 10 de decembro. Xa a partir do luns 11 de decembro poderán inscribirse novos participantes ata completar as prazas ofertadas, se quedan vacantes.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Emilio S. Blanco

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.