diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

O Concello da Coruña destina 107.000 euros a restaurar a Casa Picasso meses despois de finalizar as celebracións adicadas ao pintor

  • 15 de abril de 2024
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

O Concello da Coruña licitou as obras de restauración do primeiro andar da Casa Picasso, unha iniciativa que forma parte, según apunta o executivo local, dunha estratexia para recuperar os espazos patrimoniais e históricos da cidade e de promover o posicionamento da Coruña como cidade picassiana. A iniciativa chega meses despois de finalizar o Ano Picasso, adicado ao pintor polo 50 aniversario do seu pasamento.

A Casa Picasso, un edificio construído no ano 1888 e situado no número 14 da rúa Paio Gómez, no barrio do Ensanche, forma parte da rede de Museos Históricos da Coruña. Foi no segundo piso deste espazo, entre os anos 1891 e 1895, onde viviu a familia Ruíz-Picasso durante os seus anos de estadía na cidade. E foi alí onde o artista Pablo Picasso experimentou os primeiros pasos da súa eclosión creativa, na súa nenez. Actualmente, a vivenda do segundo piso acolle a Casa-Museo Picasso, aberta a visitas guiadas, con acceso de balde, co obxectivo de dar a coñecer a vida, obra e percorrido do artista andaluz na súa etapa na Coruña. 

Agora, o Concello rehabilitará o primeiro piso da Casa Picasso, un andar destinado a usos múltiples que amplían a oferta de actividade cultural no inmoble, «co obxectivo de renovar parte da súa estrutura, unha intervención necesaria para conservar nas mellores condicións a casa-museo», expuxo Inés Rey.

Entre as actuacións previstas no primeiro piso está a restauración das carpinterías interiores. Ademais, no aseo disporase un pavimento cerámico similar ao que había antano. «Son dúas medidas orientadas a recuperar os detalles orixinais do inmoble deste andar», apuntou a rexedora.

A maiores, substituiranse diversos tabiques de barrote por novas estruturas de madeira, coa idea de gañar en luminosidade no conxunto da estancia, e tamén se levarán a cabo melloras nos falsos teitos e as instalacións de fontanería existentes.

O Goberno municipal estima que as obras, logo de que se adxudiquen, poderán completarse en aproximadamente tres meses. O investimento do Concello nesta intervención será de algo máis de 107.000 euros.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad