diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

O Centro de Día de Menores da Deputación en Ferrol estrea novo parque infantil

  • 23 de julio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O centro de día de Menores da Deputación da Coruña en Ferrol estrea novo parque infantil accesible e adaptado a menores de diferentes grupos de idades ata os seis anos.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, inaugurou hoxe a infraestrutura, acompañado das deputadas de Política Social, Mar García Vidal e Emprego, Rosa Ana García, e da directora do centro, Mónica Pérez, que explicou os detalles das obras de renovación integral deste parque de xogos para dar servizo aos nenos e nenas que atende o centro.

Formoso sinalou que estas obras responden ao compromiso adquirido na súa última visita ao centro para renovar o parque e facelo accesible aos menores algún tipo de discapacidade e sinalou que a nova infraestrutura «permite favorecer os procesos de inclusión no eido comunitario e educativo de nenos e nenas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade».

As obras, que contaron cun orzamento de 105.986 euros, consistiron na demolición e retirada do pavimento e equipamento do anterior parque, que se atopaba cun alto grao de deterioro e impedía o uso do parque.

A actuación incluíu a renovación completa das instalacións e a creación de dúas zonas diferenciadas por idades dentro das mesmas: unha para cativos e cativas de 0 a 2 anos e outra de 3 a 6 anos. Ademais, tamén se instalaron novos xogos, adaptados a persoas con discapacidade e mellorouse a accesibilidade do recinto.

O novo equipamento está dotado de: bambáns de diferentes idades, multixogos con tobogán e túnel, casiña de xogo, balancín, túnel, tobogán, paneis de lousa e actividades, teléfonos e saltadores.

Fóra do ámbito do parque, actuouse tamén na zona axardinada, onde se instalou un trono e varios tallos, que permiten novas formas de xogo, lectura ou celebracións infantís.

O centro conta cun equipo de trinta profesionais no ámbito social e educativo que atenden a un máximo de 70 menores. Ademais da manutención e a intervención socioeducativa cos menores e as súas familias, cóntase tamén cun Servizo Propio de Transporte financiado polo ente provincial para os desprazamentos dos menores desde os centros escolares.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.