diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

O BNG propón unha ‘Primavera Cultural’ se chega a alcaldía da Coruña

  • 21 de marzo de 2023
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

Avia Veira e Mercedes Queixas, números 2 e 3 da candidatura do BNG nas próximas eleccións municipais do mes de maio, presentaron este martes a iniciativa Primavera Cultural, un proxecto que vai «en contraste cun Goberno Local que neste mandato se ten caracterizado pola ausencia absoluta de política cultural».

As representantes nacionalistas aseguran que «para o BNG é moi importante a política cultural, en contraposición a un Goberno de Inés Rey desaparecido neste ámbito», apuntando que a súa presencia no Concello daría un cambio radical: «Recuperar o pulso creativo da Coruña non é un soño, é un compromiso. Queremos devolverlle a ilusión ás creadoras, ás mediadoras, ás espectadoras, barrio a barrio, mes a mes, porque a cultura non é froito merado do verán, é para nós o cordón umbilical que alimenta o proxecto político de cidade, transversal e transformador».

As críticas dende os diferentes grupos da corporación municipal foron constantes nos últimos anos. Primeiro pola pouca importancia que se lle dou á concellería de Cultura, asumida pola propia alcaldesa, pero tamén polo que se entende como unha deriva para os eventos multitudinarios como grandes festivais, deixando de lado outras disciplinas igual de relevantes.

Segundo o Bloque, «A “Primavera Cultural” dará coherencia a distintas accións que se nuclearán arredor de datas tan simbólicas como as seguintes: 17 de marzo (Día do Cómic), 20 de marzo (Día da Narración Oral), 21 de marzo (Día da Poesía, xusto o que se celebra hoxe), 27 de marzo (Día Mundial do Teatro), 1 de abril (Día das Letras Galegas), 2 de abril (Día do Libro Infantil e Xuvenil), 15 de abril (Día Mundial da Arte), 23 de abril (Día do Libro), 17 de maio (Día das Letras Galegas), 21 de maio (Día da Diversidade Cultural) e 9 de xuño (Día dos Arquivos)».

Queixas destacou a potencialidade que ten apostar pola cultura: «Acreditamos nun proxecto cultural municipal participado e inclusivo para unha cidade epicentro cultural artellado desde tres eixos: cultura de proximidade, cultura desestacionalizada e cultura para a cohesión social, a formación e a transformación. Trátase de ter confianza na potencialidade da cultura como garante da cohesión social, máis tamén como motor de actividade económica con grande capacidade de xeración de emprego».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.