diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

O BNG critica a tardanza do programa ‘Mover os baixos’ e teme que quede nun simple acto propagandístico

  • 22 de noviembre de 2022
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

Este martes foi aprobada a posta en marcha do programa ‘Mover os baixos’, co que o goberno municipal pretende afrontar o problema dos numerosos locais comerciais baleiros nas rúas da Coruña.

A Xunta de Goberno Local deulle luz verde a este acordo entre o PSOE e Marea Atlántica, que o puxo como unha das condicións para a aprobación dos Orzamentos deste ano. Consiste na creación dun banco municipal de baixos comerciais en alugueiro con garantías, unha convocatoria de subvencións para pemes, micropemes, autónomos e entidades de economía social e a compra de locais por parte do propio Concello a través dun proceso de concorrencia pública para poñelos ao servizo das necesidades da cidade.

O programa, dotado con 3 millóns de euros, espertou de primeiras o escepticismo entre algúns grupos da oposición. Non pola iniciativa, na que hai consenso, pero si en que o Concello concrete unha acción que se lle viña reclamando dende hai moito tempo.

Especialmente crítico foi o BNG, apuntando que a proposta, coa denominación «programa específico de dinamización do comercio cunha bolsa de baixos comerciais en réxime de aluguer», formaba parte do acordo de investidura subscrito entre o PSdeG e o propio grupo nacionalista ao inicio do mandato.

Jorquera espera feitos antes que palabras, temendo que se trate dun acto máis de propaganda do goberno municipal de Inés Rey: «Discrepamos de como xestionou até agora este asunto. Limitouse, como primeiro paso, a encargar a unha consultora un estudo dos baixos baleiros existentes na cidade cando xa unha asociación empresarial da Coruña fixera un informe ao respecto e o puxera a disposición do Goberno Municipal. Tendo en conta os precedentes agardamos que o acordo adoptado pola Xunta de Goberno non sexa un simple acto propagandístico e serva para a posta en marcha real desta iniciativa, se ben, dado o avanzado do mandato non terá concreción no que resta do mesmo».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 06.05.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 06.05.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 06.05.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 06.05.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 06.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad