diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

O BNG coruñés leva ao Pleno Municipal as «numerosas queixas» sobre a falta de limpeza na Coruña

  • 6 de julio de 2022
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai dar traslado das numerosas queixas veciñais sobre a falta de limpeza na cidade ao Pleno Municipal deste xoves e vaino facer en forma de pregunta oral ao Goberno Local.

Lembra Jorquera que Inés Rey concorreu ás eleccións de 2019 coa promesa de impulsar un plan de choque de limpeza da cidade. “Porén, tres anos despois daquelas declaracións, a sucidade existente en moitas prazas, rúas e zonas verdes da Coruña, continúa a causar numerosas queixas”, afirma o portavoz nacionalista.

Tan é así que “moitos dos rogos que rexistramos neste Pleno refírense a queixas que nos trasladou a veciñanza pola falta de limpeza”, remarca Jorquera.

O certo é que ao longo destes tres anos entraron en vigor os novos contratos do servizo de limpeza viaria, contedores e recollida de lixo, após anos caducados. Mais o problema continúa lonxe de se resolver. “Cabería preguntarse se se desaproveitou a ocasión para introducir melloras substanciais na limpeza e recollida de lixo e mesmo para mudar o modelo de xestión, abordando todo o relativo ao ciclo do lixo de xeito integral, no canto de o fraccionar en distintos contratos”, reflexiona o voceiro do BNG.

Na interpelación ao Goberno Local, Jorquera abordará, entre outras cuestións, a supervisión por parte do Concello do cumprimento por parte das empresas concesionarias das cláusulas técnicas que rexen a prestación dos servizos. E farao porque como grupo municipal temos constancia “de numerosos e sistemáticos incumprimentos”.

O voceiro nacionalista inquirirá tamén o Goberno Local sobre se pensa acometer “mudanzas necesarias” nas ordenanzas que rexen as políticas de limpeza e sobre se ten en mente levar a cabo campañas de información e sensibilización cidadá.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad