diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

O BNG acusa a Inés Rey de querer tapar o caso do Sindicato da Limpeza ao vetar o uso do escano cidadán a un traballador no último Pleno municipal

  • 4 de mayo de 2023
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Dende que arrancou o caso do Sindicato de Traballadores da Limpeza o goberno municipal non tivo ningún reparo en botar balóns fora e tratar de que as augas foran calmándose por arte de maxia. A intención de Inés Rey foi sempre que se falara pouco do tema, incluso se para iso fai falla vetar o uso do escano cidadán a un dos traballadores do servizo da limpeza.

Isto foi o que denunciou o BNG, que acusa á alcaldesa de querer tapar o caso e que non se lle dea visibilidade, impedindo a solicitude para preguntar no último pleno antes das eleccións como estaban as investigacións: «A falta de sensibilidade democrática, ese escorregar cara a confusión entre institución (que é de todos) e partido (que é de parte), púxose de manifesto na inadmisíbel decisión de vetar o uso do escano cidadán a un traballador. Discrepamos profundamente dese veto. Pedimos xogo limpo e respecto á dignidade das institucións, que é como pedir respecto ás coruñesas e aos coruñeses».

Jorquera califica esta denegación como » un acto arbitrario por parte do Goberno Local que só se pode entender desde a perspectiva dun executivo que non fixo nada até que se produciu a intervención xudicial e a pesar de que o BNG levara o asunto ao Pleno en dúas ocasións, en abril e xullo de 2022″.

Recordan dende o Bloque que «Hai precedentes abondos de presenza no escano cidadán de traballadores de servizos concesionados do Concello –Nostián ou as bibliotecas municipais, por exemplo, o que indica unha clara intencionalidade política».

A Cea do Deporte, legal pero «non aceptable» éticamente

No Pleno celebrado este xoves tamén falou Jorquera sobre a decisión da Xunta Electora de Zona de desestimar o recurso presentado polo BNG contra a decisión de convocar a Cea do Deporte a uns días do inicio da campaña, o que sigue considerando inaceptable dende «o punto de vista dunha mínima ética política».

Jorquera acepta a decisión, pero tamén recorda que «na súa resolución a Xunta Electoral de Zona advirte taxativamente ao Goberno Local que no desenvolvemento dese acto se absteña de aludir aos supostos logros da súa xestión. Agardamos que o Goberno local a acate no referido á advertencia de respectar o disposto na lei electoral de que non existan alusións ás realizacións ou logros das autoridades intervintes. Máxime cando a primeira en denunciar o incumprimento de moitos compromisos en materia de deporte por parte do Goberno local é a concelleira que foi titular desta área durante a maior parte do mandato».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.