diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

O Alcalde de Zas reclama por carta a Escotet que revoque a decisión dos peches de oficinas no rural

  • 18 de septiembre de 2021
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

“Unha oficina como a de Abanca nunha vila pequena, na nosa capital municipal, non é só unha actividade comercial máis. É unha peza moi importante dentro da economía local, achega moitos máis servizos engadidos que a propia actividade comercial”. Así comeza o Alcalde de Zas a exposición das consecuencias que supoñen o peche das oficinas bancarias no rural na carta enviada ao Presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, co obxectivo de que revoque a súa decisición e poñerlle fin ao proceso de concentración bancaria que ten en marca a súa empresa.

A misiva enviouse o pasado 3 de setembro, uns días antes de que Abanca pechase as oficinas de Zas, Baíñas (Concello de Vimianzo) e A Baña, e da cal aínda non se obtivo resposta. “Pasaron xa 15 días dende que lle entreguei a carta a un directivo da súa entidade. Entendo que é tempo suficiente para que a recibise e para que tivera a ocasión de revocar a súa decisión de pechar máis oficinas no rural. Quixen darlle un marxe de tempo antes de facela pública”, sinala Muíño.

Na carta, Manuel Muíño fala do tipo de clientes destas oficinas que normalmente son persoas de idade avanzada que demandan unha atención física e persoal. Tal e como expón Muíño, esta deicisión obrígaos a desprazarse a outras vilas e en moitos casos a pagar un medio de transporte. Por outra parte, tal e como expón o Alcalde de Zas na carta estes peches teñen graves consecuencias para a economía local xa que a clientela aproveita o desprazamento a outros lugares para realizar as súas compras diarias en lugar de facelas na propia vila.

Manuel Muíño tamén fala da emigración, un tema que coñece Escotet xa que é fillo de emigrantes e el mesmo tamén o foi, e expón que a perda de servizos no rural e do motor económico que supón a oficina de Abanca condenará, a curto prazo, a moitos mozos e mozas a emigrar. O rexedor de Zas tamén fai referencia na carta á traxectoria profesional de Escotet e salienta que é “dos emprendedores que sempre intentou e intenta xerar riqueza e compartir pase desta coa propia sociedade”. Despois de que pasara o tempo suficiente para que o empresario recibise a carta, o rexedor opina que “á vista dos feitos está claro que me equivoquei e o único que busca é un beneficio rápido e a calquera prezo”.

Para rematar, o Alcalde de Zas sinala que todos os motivos sinalados son extensivos ás oficinas de ABANCA de Baíñas e de A Baña que, ao igual que a de Zas, pecharon o pasado 8 de setembro dentro dun plan de concentración bancaria marcado emprendido pola entidade hai uns meses e que afecta a toda Galiza.

————-

Texto íntegro da carta enviada por Manuel Muíño, alcalde de Zas, a Juan Carlos Escotet.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.