diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

Negreira estrea o renovado campo de fútbol municipal de Cepelo

  • 29 de julio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, presidiron esta mañá a inauguración do novo terreo de xogo do campo de fútbol municipal de Cepelo. No acto participaron tamén o deputado de Deportes, Antonio Leira, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, ademais de concelleiros e concelleiras da localidade.

O campo dispón dun novo terreo de xogo de herba artificial de última xeración, con certificación FIFA Quality Pro, o que permite un uso intensivo e cómodo por parte dos equipos locais que adestran e xogan nesta instalación deportiva. As obras foron financiadas cun investimento de 200.000 euros con cargo ao Plan Único (POS+2023) da Deputación.

No seu discurso inaugural, Formoso puxo de manifesto «o compromiso da Deputación con Negreira» con importantes investimentos no municipio como a estrada a Pontenafonso, as sendas de Urdilde e Marco do Condado ou a mellora desta instalación deportiva. «Con este, son máis de 100 os campos de fútbol da provincia que foron mellorados con investimentos do Plan Único», sinalou o presidente da Deputación, que destacou «o traballo permanente do alcalde para trasladar á Deputación todas as demandas e necesidades do municipio».

O alcalde, Manuel Ángel Leis, agradeceu a colaboración da Deputación para renovar o campo de fútbol, que data de 2007. «Este campo foi inaugurado hai 17 anos polo presidente Salvador Fernández Moreda e hoxe, con Valentín González Formoso como presidente, volvemos a darlle as condicións necesarias para que os nosos equipos podan xogar e adestrar aquí».

«Coa renovación desta instalación deportiva dámoslle a Negreira o que merece», afirmou o alcalde, que destacou que «Negreira é un referente na comarca en deporte, grazas a un gran traballo das escolas deportivas municipais e á mellora das infraestruturas, moitas delas coa colaboración da Deputación».

Durante o acto festivo, que congregou a numerosos veciños e veciñas, descubriuse unha placa conmemorativa e o novo terreo de xogo estreouse cun partido amistoso entre os equipos femininos da Asociación Deportiva Nicraniense e a Sociedade Deportiva Negreira.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.