diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea critica as «cero xestións» de Inés Rey para manter a Medusa co inicio da súa desmontaxe «por decreto»

  • 27 de febrero de 2023
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O candidato da Marea Atlántica á Alcaldía da Coruña, Xan Xove, lamenta que Naturgy comezase esta semana a desmontar a popular Medusa do peirao do Centenario. “A Medusa vaise eliminar por decreto, sen debate público, nin transparencia, nin estudos serios sobre as posibilidades desta infraestrutura como equipamento dotacional ao servizo da cidadanía no futuro bordo litoral», apunta Xove.

O candidato lembra que o Pleno da Corporación aprobou en marzo do ano pasado unha moción da Marea Atlántica que reclamaba a permanencia da Medusa no peirao, como “peza referencial” da paisaxe urbana e do patrimonio industrial da Coruña, e comprometía ao goberno municipal de Inés Rey a “viabilizar” ante a Autoridade Portuaria “un uso dotacional público de equipamento ao servizo da cidade”.

As «cero xestións» que critica Marea para manter a Medusa

Nesta nova actitude crítica co Goberno Municipal ao que Marea apoiou durante toda a lexislatura para permitirlle gobernar, caben incluso as acusacións de datos incorrectos: «O único que a cidadanía coñece son unhas declaracións da alcaldesa, en novembro de 2022, nas que sentenciaba a Medusa amparándose nun suposto informe técnico. Ese documento limitábase a calcular os custos do traslado e comparalos cos que tería volver construír unha estrutura idéntica noutra ubicación. En ningún caso estudaba o destino da Medusa a novos usos cívicos. As cifras empregadas por Inés Rey nin sequera coinciden coas recollidas nese informe».

Deste xeito, Xan Xove esíxelle á alcaldesa que, «no canto de retorcer informes técnicos para avalar a súa inacción”, dea explicacións sobre as xestións que o pleno lle encomendou a iniciativa da Marea Atlántica. A moción instaba a Inés Rey a “concertar coa Autoridade Portuaria as negociacións e acordos precisos” para que a Medusa se convertese, preferiblemente no propio peirao no que se levantou, nun equipamento dotacional público. Sentencian dende o grupo que «un ano despois, o que temos son máquinas desmontando a cúpula no Centenario».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.