diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea celebra a sentenza contra o nomeamento de Mónica Martínez e o golpe ao goberno que leva apoiando durante catro anos

  • 23 de diciembre de 2022
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Estrañamente feliz se mostran dende Marea Atlántica despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que declara ilegal o nomeamento de Mónica Martínez como concelleira de Deportes. Porque é certo que foi este grupo o que denunciou ese nomeamento por parte do goberno municipal, pero ao mesmo tempo nunca deixou de ser a muleta que lle permitiu gobernar a Inés Rey e ao seu equipo.

Por iso resultan curiosas certas críticas por parte de María García nas súas reaccións á sentenza: «O seu nomeamento en setembro de 2020 non foi un suceso illado, senón que formaba parte dun plan do PSOE coruñés para reforzar o seu goberno minoritario esquivando a vontade cidadá expresada nas urnas, que lle da á Marea Atlántica un papel decisivo na gobernabilidade».

Parece que, de súpeto, Marea Atlántica está afanada en sinalar a mala xestión socialista: «Agora demóstrase que esa era unha vía morta. Que só hai unha alternativa a este caos dun goberno en constante reorganización, nunha crise tras outra, que sempre rematan coa Alcaldía acumulando competencias sen sentido. Só hai unha alternativa a ver como o Concello da Coruña protagoniza portadas por ter sentenzas xudiciais en contra».

García espera que esta sentenza evite movementos similares no futuro: «É un fito para a causa da rexeneración democrática, que senta precedente, e demostra, como sempre defendemos, que a decisión da alcaldesa de fichar a ex-concelleira de Ciudadanos foi ilegal. Será importante para reforzar o pacto antitransfuguismo e combater calquera violación da vontade popular», engadiu a voceira de Marea Atlántica, referíndose a tamén a casos como a moción de censura en Sada.

O BNG pídelle explicacións a Inés Rey

Pola súa parte, o BNG fai referencia tamén á lista de erros que deixa o goberno do PSOE, representando «o cume da inestabilidade que ten caracterizado o actual mandato de Inés Rey, marcado por sucesivas crises no goberno local (con episodios anteriores como o cesamento da concelleira de Emprego, a renuncia do edil de Urbanismo ou a retirada de competencias ao responsábel de Cultura)».

O propio Jorquera espera que a alcaldesa asuma responsabilidades e, sobre todo, dea explicacións en breve.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad