diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea Atlántica fará primarias para renovarse á volta do verán. «A cidade non é un parque de atraccións», advirte Xulio Ferreiro

  • 5 de junio de 2022
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

A Marea Atlántica celebrou este domingo a clausura da Marea Viva 2022, cun acto organizado en Palexco ao que asistiron case un centenar de persoas, entre elas representantes de organizacións políticas irmás e do tecido asociativo coruñés. Cos documentos aprobados hoxe pola maioría da mareancia, a Marea reforza o seu compromiso co municipalismo, coa loita por unha Coruña máis xusta, verde, feminista e democrática. E anuncia a inminente posta en marcha das primarias, con listas abertas, para escoller a candidatura coa que nos presentaremos ás eleccións municipais de 2023. 

«A Marea Viva é a principal ferramenta da Marea Atlántica para a revisión e mellora das súas normas internas e procedementos, que se actualizan periodicamente como corresponde a unha organización viva e activa», advirte a formación política nun comunicado.

O acto no Palexco contou con intervencións do exalcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, da voceira municipal, María García, e das voceiras da Coordinadora da Marea Atlántica, Rodrigo Gil e Marta Cortacans, que ofreceron os resultados da votación celebrada esta fin de semana. Os documentos sometidos a debate foron aprobados, cun apoio entre o 96% e o 84% de votos favorables. «Estes textos normativos foron consensuados e discutidos no seo da organización durante mes e medio, e incorporan as diversas achegas e emendas trasladadas pola mareancia no proceso», apunta Marea Atlántica.

Na súa intervención, Xulio Ferreiro salientou que nesta Marea Viva, “volvemos demostrar que se poden facer as cousas de xeito democrático,  nunha organización que se basea na participación, no debate e no colectivo. Igual que demostramos que se pode gobernar doutro xeito, e tamén facer oposición doutro xeito, cumprindo os compromisos éticos e a palabra dada”. 

Ferreiro afirmou que “a Marea segue a ser xa non necesaria, imprescindible. Porque é a única forza política que actúa non pensando no rédito electoral, senón no beneficio da xente da Coruña. Temos claro que a cidade non é un parque de atraccións, non é un territorio para facer caixa e encher uns poucos petos. A cidade só se pode pensar para mellorar a vida da veciñanza. Desde os peiraos ata a área metropolitana”. 

A acto acudiron Benito Portela, alcalde de Sada por Sadamaioría Martiño Noriega, exacalde de Santiago; Marta Lois, voceira municipal de Compostela Aberta e o concelleiro Xan Duro, Antón Sánchez, exdeputado e portavoz nacional de Anova, entre outras representantes políticas e do tecido asociativo. 

No outono coñecerase a candidatura da Marea Atlántica

A organización afronta unha renovación radical, tras coñecerse que non repetirá ningún dos cargos electos que nos representan en María Pita este mandato, pois a maioría cumpren o límite de oito anos na institución que establece o noso Código Ético. Pero esta remuda non demorará: o proceso de primarias comezará antes do verán, coa escolla do Órgano de Arbitraxe electoral. 

En xullo e agosto abriranse «espazos de deliberación e conformación das candidaturas», para realizar a campaña e votación das primarias tras o verán. Poderá presentarse calquera persoa que asine o manifesto da Marea Atlántica, presente os avais necesarios (quince para a cabeza de lista, cinco para o resto) e cumpra o Código Ético. No outono, coñeceranse as 10 primeiras persoas da lista electoral da Marea Atlántica, que xa comezarán a traballar no programa e na colaboración coa cidade. 

María García, no seu discurso no Palexco, explicou que “o doado é a continuidade, a inercia, pero o fácil pode que non sexa o mellor. A Marea Atlántica non adoita escoller a opción máis cómoda, senón a necesaria. Temos unha proposta política ambiciosa e recoñecible, temos experiencia no goberno e na oposición e o máis importante: temos un grupo humano envexable. Non paramos, mañá seguimos traballando, nas primarias e no futuro programa de goberno”.

Retroceso democrático cos socialistas na alcaldía

A Marea Atlántica estima que a cidade está «nun momento de retroceso democrático, no que o goberno local do PSOE eliminou boa parte das ferramentas de participación cidadá postas en marcha no pasado mandato, desde o municipalismo queremos ter as portas abertas de par en par ao sentir da Coruña».  Marta Cortacans e Rodri Gil ao comezo do acto, dirixíndose ás asociacións e colectivos presentes, “unha cidade non é o seu goberno nin as súas elites, unha cidade é a súa xente, a rede de persoas que se organizan polo ben común, para coidar as unhas das outras, como facedes vós nos vosos eidos”. E engadiron que “desde a Marea Atlántica, humildemente, tamén nos sentimos parte desa rede e queremos agradecérvolo, co máximo respecto pola vosa independencia”.

A elaboración do programa electoral da Marea Atlántica comezará, segundo aseguran, por escoitar as entidades sociais que traballan para mellorala cada día. Nunha serie de Mesas de Programa recolleranse as súas propostas. No Documento Político aprobado este domingo, “a cidade verde, xusta, feminista e democrática que queremos necesita unha Marea Atlántica forte, viva, presente”. Necesita da organización que mudou o paso do debate portuario, que lanzou a Renda Social Municipal, que impulsou a gratuidade das escolas infantís na Coruña e que logrou un reforzo das políticas de vivenda, transición enerxética, coidados e saúde mental nos orzamentos en vigor no Concello da Coruña. E nun escenario de viraxe conservadora sen maiorías absolutas, como o que debuxan as enquisas, a Marea Atlántica seguirá a ser decisiva para defender o ben común.

Tamén se renovaron, aínda que sen cambios substanciais, os documentos de Estrutura da organización, Código Ético e Forma de Goberno, que se mantenen fieis aos principios fundacionais da Marea Atlántica. «Mantemos a  limitación salarial dos nosos cargos públicos, un máximo de 40.000 euros brutos anuais, doando o resto para financiar iniciativas como a Oficina dos Dereitos ou a Xabela de Prxectos», explican nun comunicado, no que inciden na limitación de dous mandatos consecutivos na representación institucional. 

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad