diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea Atlántica exíselle a Inés Rey que «interveña dunha vez» para que os traballadores de bibliotecas cobren o seu salario

  • 30 de octubre de 2022
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

A Marea Atlántica ven de expresar todo o seu apoio ás traballadoras das bibliotecas municipais de xestión privada en A Coruña. «Unha vez máis e en vésperas dunha ponte, veñen de recibir amezas por parte da empresa de que non lles van pagar o soldo deste mes», apuntan. É reclama que a alcaldesa Inés Rey interveña dunha vez. A alcaldesa ten que garantir o cobro dos salarios e convocar xa a comisión para atopar unha solución definitiva e estudar a remunicipalización”, sinala a voceira, María García, que  se reuniu a semana pasada coas traballadoras

“Volveremos a levar o asunto a Pleno, porque non poden consentirse que mes tras mes aturen isto as persoas que garanten un servizo cultural básico. Cando van poder ter un fin de mes tranquilo, cobrando o que lles corresponde, igual que as súas compañeiras das bibliotecas de xestión pública directa?», preguntase a Marea.

No Pleno do 13 de outubro, o goberno de Inés Rey pactou coa Marea Atlántica crear unha comisión con presenza de todos os grupos da Corporación e das representantes sindicais das traballadoras, na que acadar unha solución definitiva ao problema dos impagos. Dúas semanas e media despois, nin sequera pediu que se escollesen representantes, a pesar de que María García reclamoullo á alcaldesa nunha carta rexistrada o 19 de outubro, designando ao edil Iago Martínez como representante da Marea Atlántica neste futuro órgano.

«É mais, o noso grupo pediu acceso ao documentos relacionados coas xestións do goberno municipal para evitar que as traballadoras vivan coa incerteza de saber se cobrarán o seu soldo, e a única resposta que recibimos foi un informe sobre a folga de xullo e unha serie de informes de 2021 sen relación co caso. En catro meses, non hai nada que contar», lamenta Marea Atlántica.

Os problemas nas bibliotecas municipais de xestión privada comezaron en xullo, e derívanse directamente do contrato que a alcaldesa, responsable directa da área de Cultura, licitou e adxudicou neste mandato. Desde entón, as traballadoras están a vivir un auténtico calvario. O pasado mes de xullo Elizabeth Rodríguez, presidenta do Comité de Empresa do servizo de bibliotecas con xestión privada, estivo no escaño cidadán do Pleno Municipal e denunciou que a empresa LTM gañou a concesión cunha oferta precaria. «Xa vemos o que significa: pregos precarios, traballadoras sen salario», apuntou.

A rede de bibliotecas municipais conta con tres centros de xestión pública, nos que non hai problemas para cobrar o soldo e seis centros de xestión privada, nunha dualidade iniciada por un goberno do PSOE: Centro  Ágora, Fórum Metropolitano, Sagrada Familia, Os Rosales, Infantil e Xuvenil e o punto de lectura de Novo Mesoiro. «É o momento de rematar con esta situación inxusta e coidar o servizo de bibliotecas como se merece», advirte a Marea.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad