diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea Atlántica critica un novo atraso do Concello na solución aos problemas das bibliotecas municipais

  • 29 de noviembre de 2022
  • Marcos Rodríguez
bibliotecas
Total
0
Shares
0
0

Marea Atlántica segue nesa dualidade mostrada durante toda a lexislatura, máis marcada agora que se achegan as eleccións, de ser goberno ou oposición segundo mellor lle conveña. Se hai uns días a súa edil María García aparecía nunha foto con Inés Rey para presumir da ampliación a 8 horas nas escolas infantís, esta semana toca mostrar a parte crítica, cunhas duras manifestacións na que sinalan un novo atraso do Concello na solución aos problemas das bibliotecas municipais.

“En novembro, levamos este asunto ao Pleno, e a presidenta do Comité de Empresa tomou a palabra desde o Escano Cidadán. O goberno local prometeunos a ambas que o mes non remataría sen ter unha solución ao problema do pago dos salarios. Pero a 28 de novembro, non temos ningunha novidade. Volveremos insistir, porque as bibliotecarias non merecen vivir na incerteza mes tras mes, sen saber como e cando van cobrar o salario. E menos ca nunca, en Nadal”, apunta García.

A falta de unhas horas para rematar o mes, o único que ten claro o cadro de persoal é que de novo non cobraron o seu soldo, nin a paga extra que lles corresponde. Nin, por suposto, constan avances na resolución do contrato con LTM Servizos Bibliotecarios.

Xa que a cousa vai de tardanza, tamén lembra Marea Atlántica que o PSOE leva escapando dun pacto pechado no Pleno do pasado 13 de outubro para a creación dunha comisión con presenza de todos os grupos da Corporación e das representantes sindicais das traballadoras para atopar unha solución definitiva. Pasou mes e medio dende entón e o goberno municipal nin sequera pediu a designación de representantes para dita comisión.

Cren dende o grupo que lidera María García que a única solución e o remedio definitivo para rematar con estes problemas e a remunicipalización de todo o servizo.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.