diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea Atlántica critica que o Concello da Coruña destine 580.000 euros ao Morriña Fest

  • 24 de mayo de 2022
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

A Marea Atlántica criticou no Consello de Administración do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) que o goberno local vaia gastar preto dun 10% do orzamento da entidade para un único evento: o Morriña Fest en Riazor. Este festival, explicaron, custaralle 580.000 euros ás arcas municipais, «unha cifra excesiva para un festival de iniciativa privada e con entrada de pago». E un festival que chega, ademais, no marco do Xacobeo pero cunha contribución moi inferior por parte da Xunta: algo máis de 400.000 euros. 

A única compensación prevista polo executivo municipal para o tecido cultural da cidade é que a empresa promotora do Morriña Fest celebrará concertos gratuítos nos arredores do estadio de Riazor con bandas locais. Marea Atlántica apunta que, malia a que solicitaron información, descoñécese que porción do orzamento total do evento, que ascende a uns 3,4 millóns, se destinará a esa programación local, así como a maioría dos detalles sobre ela. «O contrato non estabelece ningunha garantía ao respecto», sinalan.

Eses 580.000 euros representan o dobre do que o Concello ten previsto destinar ao Bono Cultura este ano (300.000 euros) e tres veces o reservado para as bolsas de creación artística (180.000 euros). Dúas iniciativas que forman parte do acordo orzamentario coa Marea Atlántica, reforzando a área de Cultura, igual que a creación dun programa de residencias artísticas retribuídas en equipamentos municipais, e que se centran en traballar desde a proximidade, non en fomentar grandes eventos. Instamos ao goberno local a desbloquear estas medidas.

«Os grandes eventos enchen titulares un día, pero son as actividades de base as que realmente teñen impacto na vida da veciñanza e na recuperación dun sector económico, o cultural, moi afectado pola pandemia», aseguran desde Marea Atlántica, onde aseguran que nunha situación de crise e precariedade coma a que estamos a vivir, o goberno local debería centrarse en garantir o acceso á cultura por parte da maioría da xente da Coruña e en crear oportunidades para as pequenas e medianas empresas e as profesionais da cultura.

«O gasto no Morriña Fest nin sequera vén avalado por un estudo de impacto na cidade, e o que é aínda peor: a preguntas da Marea Atlántica, o goberno municipal recoñeceu esta mañá que será a propia empresa promotora a que se encargue de avaliar a posteriori os beneficios para a cidade da súa actividade comercial», explica o socio de goberno de Inés Rey, que por estes motivos, abstiveuse á hora de votar no Consello do IMCE a aprobación deste gasto, ao igual que fixo á hora de valorar o modificativo para a incorporación dos remanentes do ano pasado, un asunto que terá que ser debatido e votado no vindeiro pleno. O organismo autónomo pechou o exercicio 2021 en números vermellos, cun desfase negativo entre ingresos e gastos de case 450.000 euros.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Vida
    • Culturas
    La Seminci reparte la Espiga de Oro entre Reichardt y Lav Diaz y cierra una edición de récord
    • 01.11.25
    • Manuel García
    • Vida
    • Culturas
    David Trueba reivindica en la Seminci el amor sin edad y las segundas oportunidades
    • 31.10.25
    • Manuel García
    • Vida
    • Culturas
    Entrevista a Luis Tosar: “Hay personajes que te obligan a explorar territorios emocionales muy alejados de tu vida”
    • 26.10.25
    • Manuel García
    • Vida
    • Culturas
    La Seminci exhibe 225 películas en su setenta aniversario
    • 24.10.25
    • Manuel García
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.