diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea Atlántica critica no Castrillón a falta de compromiso do Concello coa «cidade que non se ve dende os Cantóns»

  • 22 de marzo de 2023
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Marea Atlántica continúa deixando dardos dirixidos a Inés Rey en cada unha das reunións coa veciñanza que está facendo nestes meses previos á campaña electoral. Probablemente pola proximidade dos comicios, Xan Xove e os seus parecen esquecer que foron, como pouco, cómplices desde goberno municipal ao que agora critican. A última queixa foi unha das habituais, o desentendemento dende o Concello polos barrios da Coruña e, como apuntou Iago Martínez, a falta de compromiso coa «cidade que non se ve dende os Cantóns».

Neses termos se pronunciou o vicevoceiro de Marea nun encontro no Castrillón para propoñer rematar o deseño dun novo espazo público entre Hernandáez e Concordia. Así, criticou que «Inés Rey non fose quen de completar o traballo do alcalde Xulio Ferreiro malia a ter todo a favor, cos terreos xa expropiados e co apoio orzamentario da Marea Atlántica ao longo do mandato. Falta dedicación, sobran relevos nas concellarías e demóstrase un escaso compromiso coa cidade que non se ve dende os Cantóns».

Xove explicou que “este terreo é propiedade do Concello, porque foi expropiado durante o mandato de Xulio Ferreiro, atendendo a unha demanda reiterada nos orzamentos participativos e liderada pola entidade veciñal. Pero leva catro anos sen recibir o impulso que merece e vai sendo hora de desbloquealo, aproveitar o traballo feito e darlle a esta futura praza os usos que demanda a veciñanza”.

En Marea apuntan que durante o mes de marzo reuniuse coa Asociación de Comerciantes do Castrillón, Eirís e Monelos para coñecer as necesidades dos barrios. Os problemas son comúns e máis que sinalados pola veciñanza durante toda a lexislatura: obstáculos na mobilidade, falta de limpeza e abandono do espazo público.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.