diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea Atlántica critica a Inés Rey por eludir responsabilidades ante os impagos das traballadoras das bibliotecas municipais

  • 15 de febrero de 2023
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O candidato a alcaldía da Marea Atlántica, Xan Xove, mantivo un encontro con representantes do Comité de Empresa das bibliotecas municipais de xestión privada, e puideron constatar que unha parte do persoal ten pendentes de cobro vacacións do ano 2022. Dende o Goberno Municipal intentaron arranxar o problema de impagos cun traspaso da xestión dunha empresa privada a outra, pero o único que conseguiron foi que se culpen entre elas mentres, apunta o grupo que facilitou o goberno nestes anos, «o executivo local elude as súas responsabilidades».

“Prometera resolver o problema do impago de salarios nas bibliotecas, e apostou pola solución de traspasar o contrato, unha solución que estamos a ver que non foi abonda. Agora non poden mirar para outro lado, o goberno é responsable do servizo e ten que facerse cargo de que as traballadoras cobren todo o que se lles debe”, sinalou Xan Xove.

O traspaso da xestión sempre se viu dende a Corporación municipal como un parche. Un atallo de Inés Rey que non fai máis que atrasar o acordado no Pleno. Recordan dende Marea que aínda non se puxo en marcha a comisión para estudar a remunicipalización de todo o servizo, proposta apoiada polo PSOE no pasado mes de outubro. A uns meses das eleccións, pregúntanse Xove e os seus canto tempo precisa a alcaldesa para cumprir a súa palabra.

No Pleno do 13 de outubro, o PSOE pactou coa Marea Atlántica crear unha comisión con presenza dos grupos da Corporación e das representantes sindicais das traballadoras, na que estudar a remunicipalización de todo o servizo de bibliotecas. Catro meses despois, o goberno local nin sequera pediu a designación de representantes.

“Poñela en marcha é agora máis doado ca nunca —explica Xan Xove—, o groso do traballo técnico xa se fixo no goberno de Xulio Ferreiro. Ademais, o Tribunal Supremo respaldou a subrogación da plantilla na súa sentenza sobre a remunicipalización do servizo de axuda no fogar de Pamplona, en febreiro de 2022, e Inés Rey pode contar, ata o último día de mandato, cos votos da Marea Atlántica. Non nos vai tremer a man, non imos deixar de facer o correcto por intereses electoralistas”, engadiu o candidato á Alcaldía.

A rede de bibliotecas municipais conta con tres centros de xestión pública, nos que nunca houbo problemas para cobrar o soldo, e seis centros de xestión privada, nos que as traballadoras seguen pendentes de impagos desde o ano pasado: Centro  Ágora, Fórum Metropolitano, Sagrada Familia, Os Rosales, Infantil e Xuvenil e o punto de lectura de Novo Mesoiro.

Dende Marea Atlántica demandan resposta de Inés Rey: «É o momento de apostar pola remunicipalización de todos os centros e rematar con esta inxusta dualidade creada por un goberno do PSOE».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad