diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea Atlántica, apoio do goberno local da Coruña, denuncia o «desgoberno» nas políticas de limpeza e xestión de residuos

  • 24 de agosto de 2022
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

A Marea Atlántica, que co seu apoio mantén o goberno local na Coruña, preguntará no vindeiro pleno municipal de setembro se, ante o preocupante estado da cidade no relativo á limpeza e a xestión de residuos, están activados todos os medios operativos, cales son as actuacións en prevención de residuos ou cando teñen pensado regularizar a situación de Nostián cun novo contrato, entre outras cuestións relacionadas.

«Son continuas as queixas da veciñanza sobre a falta de limpeza do espazo público, que se está a percibir como un problema crecente, tanto no que respecta ao lixo como aos excrementos de animais ou o abandono de baixos comerciais pechados. É por tanto obrigado que o goberno local ofreza explicacións, sobre todo despois das altas expectativas xeradas durante a campaña electoral», apunta Marea Atlántica nun comunicado.

“En 2019 un dos eixos da campaña de Inés Rey antes de chegar á alcaldía foi a suciedade nas rúas da Coruña, pero se facemos balance deste catro anos, a situación, cando menos, está moi lonxe de responder ás promesas electorais”, declara a voceira do grupo municipal da Marea Atlántica, María García. “O estancamento nas políticas de xestión de residuos resulta evidente. Sen ir moi lonxe un bo exemplo atopámolo nas listas de agarda de ata tres semanas para a recollida de residuos voluminosos, mesmo no caso de que a xente colabore chamando ao 010”, conclúe García.

Marea Atlántica advirte que durante o seu mandato preparáronse e licitáronse os contratos de limpeza viaria, recollida de lixo e contenerización, que foron adxudicados neste mandato. «Os novos contratos amplían os medios e a capacidade do servizo, aínda que a día de hoxe parecen non estar plenamente operativos. Entre outras melloras, nos novos pregos se detalla o control de calidade preciso para avaliar o servizo das concesionarias, e no caso de incumprimentos, establecer penalizacións económicas», inciden os representantes da Marea, que durante o seu mandato anunciaron en sucesivas ocasións a posta en marcha dos novos contratos, pero non lograron facelo.   Segundo María García, “os novos contratos que deixamos listos para adxudicar no anterior mandato inclúen rigorosas medidas para o control de calidade das concesionarias, e que deixan a porta aberta a diversas penalizacións. Pero, está a facerse este seguimento?”

Agora a Marea inciden en que os contratos que hai que renovar neste mandato, como o de tratamento de residuos sólidos urbanos e o de mantemento de xardíns e zonas verdes, están caducados dende 2020 e 2021 respectivamente, e con toda probabilidade, non se renovarán antes das vindeiras eleccións. No caso da planta de Nostián, advirten, a demora na licitación sitúa ao Concello diante do risco de ter que facer fronte a indemnizacións millonarias. 

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.