diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea Atlántica acusa a Inés Rey de aproveitar as súas propostas para sacar rédito electoral propio

  • 26 de abril de 2023
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

Continúan os duros ataques dende Marea Atlántica cara o goberno municipal, cada vez máis críticos e cada vez máis personalizados na figura de Inés Rey. O grupo que durante catro sostivo o executivo socialista en María Pita decidiu poñerse a facer oposición a falta dun mes para as eleccións e se a semana pasada era Iago Martínez o que cargaba contra a alcaldesa, nesta ocasión foi María García a que á acusa de sacar rédito electoral das súas ideas.

Nun fío en redes sociales, a voceira de Marea Atlántica sinala a Inés Rey por «aproveitar o traballo da Marea para o seu propio rédito electoral, co exemplo do Mapa das Renovables, que se fixo a iniciativa nosa e que leva meses rematado, pero que aínda non puidemos consultar, nin nós nin ninguén».

Explica García que o proxecto consistía en «analizar a capacidade da Coruña de xerar enerxía, con baixo impacto ambiental por ser unha área urbanizada, pero alta rendibilidade social. Serviría para o autoconsumo individual e colectivo e para paliar casos de pobreza enerxética. É unha medida que Marea incorporou ao pacto co PSOE para os Orzamentos de 2020. Xunto coa eléctrica municipal, a oficina da enerxía ou os investimentos en instalacións de xeración».

A edil sospeita que «despois dun mandato no que o único tratamento da cuestión climática no goberno local foi nos discursos e nas fotos de Inés Rey», en breve chegará «calquera anuncio random» do PSOE sobre política enerxética.

Sospeita fundada no feito de que «despois de meses pedindo acceso ao Mapa das Renovables, ao que teño dereito como concelleira, a Concellería de Facenda non me autoriza a consultalo ata o 12 de maio, o primeiro día da campaña electoral, en papel e baixo vixilancia, coma no século pasado».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.