diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Jorquera pide a Inés Rey menos anuncios publicitarios e máis compromisos nos orzamentos do Estado

  • 18 de octubre de 2022
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

«Menos anuncios publicitarios e máis compromisos nos orzamentos do Estado». O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, avalía nestes termos o encontro habido este luns na Coruña entre a alcaldesa e a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana: “O compromiso do Goberno central coa Coruña ten que se plasmar nos orzamentos do Estado, non en anuncios publicitarios”

Jorquera remarca que as partidas que aparecen nas contas estatais para 2023 para obras como a reforma da Avenida da Vedra, a ampliación da Ponte Pasaxe ou a Cuarta Rolda son “testemuñais”. Canto á reforma da Avenida da Vedra, subliña o voceiro nacionalista que “aínda que as obras se licitasen en 2023, coas partidas que figuran nos orzamentos é imposíbel que se comecen a executar nese ano”.

Para Jorquera, a reunión Inés Rey-Raquel Sánchez é “máis noticia polo que non se anunciou que polo que si se anunciou”. E así, nese sentido, enfatiza que “hai ausencias clamorosas”, entre elas a falta de partidas para a modernización da liña ferroviaria Ferrol-A Coruña ou para a implantación de servizos de proximidade ou cercanías.

“É un insulto”, estendeuse, “que de novo só figure unha dotación ridícula, de apenas 28 mil euros, para o bypass de Betanzos”. “Os problemas de mobilidade na comarca da Coruña non se arranxan apostando só polo vehículo particular”, acrecentou. Ausencia clamorosa tamén, apunta, a da solución á débeda do porto. “O anuncio que estamos a agardar é que o Goberno Central teña disposición a formar parte dun consorcio que asuma a transformación da fachada marítima, achegando nos vindeiros anos unha cantidade equivalente á débeda que pesa sobre a Autoridade Portuaria pola construción dunha infraestrutura decidida nun Consello de Ministros”.

Tampouco houbo ningún compromiso por parte da ministra en orde a financiar a rehabilitación do antigo cárcere provincial. Para Jorquera, non é de recibo “que o Concello teña que pagar 2,3 millóns de euros pola cesión da titularidade dun edificio en ruínas e a Administración central nin sequera se comprometa a financiar a súa restauración”.

En todo caso, avanzou Jorquera que o BNG está a traballar na preparación de emendas aos orzamentos do Estado e, nesa dirección, salientou que “agardamos que os diputados de PP, PSOE e Unidas Podemos as apoien”. “Ese sería o mellor compromiso coa Coruña no canto de anuncios publicitarios”, concluíu.

📽 @jorqueracaselas, sobre o encontro entre a alcaldesa e a ministra de Transportes: "Foi máis noticia polo que non se anunciou que polo que si se anunciou. Pesaron máis as ausencias que as presenzas" #Jorquera2023 #ImpulsACoruña. pic.twitter.com/58Hx25eja6

— BNG A Coruña (@BNGACorunha) October 18, 2022
Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.