diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Inés Rey y Lage Tuñas achéganse ás obras do mercado de Monte Alto que se agarda que finalicen antes de 2026

  • 25 de marzo de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, puxo en valor este luns os avances experimentados nas obras de rehabilitación do mercado municipal de Monte Alto, que, tras os traballos de derruba e consolidación das estruturas, inicia unha nova fase: a da construción da nova edificación. A rexidora acudiu a visitar as obras xunto aos concelleiros José Manul Lage Tuñas e Francisco Dinis Díaz Gallego. O trío informouse de como na metade da planta superior xa se están a preparar os forxados para completar a estrutura. Sobre este sector habilitarase unha nova marquesiña de transporte urbano, que multiplicará por seis o espazo para as persoas usuarias, con respecto ao que había anteriormente. 

Xa de cara ás vindeiras semanas comezará a preparación do forxado da parte que resta por cubrir, sobre a que se levantará a Escola Infantil Municipal de Monte Alto, que duplicará o espazo da anterior instalación e, ademais, coa súa nova localización, será un recinto máis luminoso e diáfano, con 400 metros cadrados de superficie útil.

Inés Rey apuntou, ademais, ao incremento de espazos públicos coa reconfiguración do edificio e os seus exteriores. «Entre outros cambios, gáñanse máis de 1.000 metros cadrados de prazas públicas coa nova redistribución de espazos. Non só haberá unha praza na parte superior, como había, senón que tamén haberá espazo público no baixo e no primeiro andar. Neste primeiro andar haberá un espazo aberto e cuberto por un beiril de cinco metros de anchura para que as persoas se poidan gorecer da choiva. Haberá tamén un espazo infantil», indicou a rexedora.

«Ademais, pasaremos de contar cun só ascensor a ter dous, un exterior e outro interior, no outro extremo da praza. Os locais veciñais tamén cambiarán dun xeito importante, xa que agora serán exteriores, con luz natural, cando ata o momento estaban nun soto. O mercado será moito máis accesible, con catro accesos principais e moito máis integrado na súa contorna», detallou Inés Rey.

En liñas xerais, «gáñase un espazo totalmente permeable e relacionado coa súa contorna, fronte á arquitectura pechada que existía antes», agregou a alcaldesa. No edificio seguirá habendo, coma antes, un supermercado e dous sotos con espazo de estacionamento para 111 vehículos, mellor deseñados e con accesos máis claros dos que había previamente.

Actualmente, a execución das obras de rehabilitación do mercado municipal de Monte Alto superan xa o 25%, avanzando segundo o calendario previsto. «A obra está a cumprir os prazos desde que se puxo en marcha e contamos con que estea lista a finais do ano que vén», estimou a alcaldesa.

Por outra banda, e para que a cidadanía poida informarse en detalle sobre o proxecto, este luns habilitáronse catro tótems informativos, táctiles, na contorna do edificio, con información sobre este e outros mercados.

Ademais, tamén se dispuxo un novo valado de obra no que se poden ver diversas recreacións de como quedarán a praza e o mercado, recreacións que axudarán ás veciñas e veciños para facerse a unha idea de cal será o resultado final do plan de modernización do mercado municipal no barrio de Monte Alto.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad