diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

Igualdade da Deputación presenta no CEIP Esteiro o Encontro escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero

  • 21 de noviembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O ferrolán CEIP Esteiro acolleu esta mañá a presentación do «Encontro escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero», unha iniciativa organizada pola área de igualdade da Deputación e a Fanpa Ferrolterra para concienciar aos escolares sobre a importancia de acabar co acoso na rúa. A deputada de igualdade, Soledad Agra, e o director do centro, Víctor Manuel Varela, foron os encargados de presentar o proxecto, acompañados da presidenta da Fanpa Ferrolterra, Patricia Pérez e a deputada provincial Cristina García Rey.

Un total de 47 centros dos 11 concellos de Ferrolterra, e máis de 9.000 escolares participan nesta iniciativa. Cada centro conta cunha sinal de «STOP ACOSO NA RÚA», e coa xa recoñecida mascota do programa, Violeta. Ademais, farán uso do «Chalk Back» para visibilizar o programa: un movemento contra o acoso na rúa liderado por mozas novas, que escriben con xices nas rúas as gabanzas e comentarios non desexados que reciben para crear conciencia sobre os problemas que implica o acoso rueiro. Así, os centros contan con espazos para escribir con xices esas gabanzas ou comentarios non desexados.

Ademais da sensibilizar e informar, esta iniciativa pretende proporcionar ferramentas para actuar ante o acoso rueiro. Así o afirmou esta mañá a deputada ante o alumnado do centro, explicándolles en que consiste e como poden actuar ante posibles situacións deste tipo. Tras ela, o director expresou o seu agradecemento á Deputación pola iniciativa, «moi necesaria», apuntou.

Ao rematar este encontro, co fin de dar unha gran visibilidade ao traballo realizado polos centros, realizarase un gran mural composto coas mensaxes e frases da acción de «Chalk Back» que serán fotografadas e reproducidas no citado mural. Este elemento, arroupado por sinais e outras pezas relacionadas co Encontro e coas anteriores edicións, serán expostas nun espazo de Ferrol aberto ao público para que, tanto os escolares como o público en xeral, poidan visitalo.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.