diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Galicia
  • Actualidad

Formoso destaca o traballo de integración social e laboral da ONG Ecos do Sur

  • 26 de agosto de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado da deputada de Política Social, Mar García Vidal, visitou hoxe a sede da ONG Ecos do Sur na cidade da Coruña co obxectivo de coñecer en primeira persoa o seu traballo, as súas necesidades e o funcionamento dos programas que contan co apoio económico da Deputación a través das liñas de subvencións para entidades sociais.

Formoso foi recibido pola vicepresidenta da entidade, Ana Ulloa, a directora xeral, Saray Durán, a responsable de Comunicación, Natalia Monje, e outras integrantes da xunta directiva, coas que coñeceu as instalacións de Ecos do Sur na avenida de Fisterra da cidade herculina, así como a historia da entidade o traballo que desde 1991 desenvolven no eido da integración social, especialmente vinculada ao acceso de dereitos da cidadanía e participación social de persoas migrantes, mulleres e colectivos en especial situación de vulnerabilidade.

A directora xeral de Ecos do Sur explicou que contan con sedes na Coruña e Madrid e que seguen un modelo de itinerario de inserción individualizado para cada persoa e de carácter interdisciplinar, que inclúe accións de asesoría xurdídica, traballo social, mediación intercultural, apoio psicolóxico e formación e orientación laboral ou para o emprendemento.

«Desde a súa creación, Ecos do Sur contribuíu a mellorar a vida de miles de persoas e das súas familias. Para a Deputación da Coruña é unha gran satisfacción achegar ano tras ano o noso grao de area para axudar neste gran labor de integración tanto social como laboral que realizan coas persoas migrantes e que son dos factores fundamentais para que a sociedade vexa tamén a inmigración como unha oportunidade de enriquecer a sociedade galega, tendo en conta que Galicia necesita desta poboación», afirmou o presidente da Deputación, que destacou que segundo os datos que lle trasladaron as responsables de Ecos do Sur «o nivel de emprendemento nos migrantes que eles atenden é máis elevado que entre a poboación local, o que é un aspecto a ter en conta».

A preguntas dos xornalistas sobre a chegada a Galicia de refuxiados da Guerra de Mali, Formoso avogou por acollelos «con xenerosidade e implicándose na integración social, laboral e educativa destas persoas». «Nós desde a Deputación, como xa fixemos na Guerra de Ucraína, vimos de ofrecer ao Goberno 44 prazas para acoller a persoas refuxiadas na residencia do IES Rosalía Mera», lembrou.

Durante a reunión, as responsables de Ecos do Sur explicaron polo miúdo os distintos programas que desenvolven, entre eles o programa Ulises, que tamén conta co apoio da Deputación para atención psicosocial das persoas inmigrantes ou o programa Habita Rural, cun modelo de intervención destinado a aproveitar as oportunidades dos concellos máis pequenos e facilitar o asentamento de nova veciñanza nestes municipios. Este programa conta con 363 persoas inscritas, das que un 27% incorporáronse xa a vivir e traballar no rural, a maior parte delas en sectores como o agrogandeiro ou o da rehabilitación de vivendas.

Segundo explicaron as responsables de Ecos do Sur, sectores como a agricultura, a gandería ou a pesca teñen serias dificultades para atopar novos traballadores e para o relevo xeracional, que se están solventando en boa medida con poboación migrante.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.