diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Galicia
  • Culturas

A Deputación subvenciona con 650.000 euros os festivais organizados en 2024 polas asociacións sen fins de lucro

  • 18 de septiembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña investirá 649.423 euros no programa FO223/2024, de subvencións a entidades sen fins de lucro para a organización de festivais audiovisuais, musicais, de artes escénicas, mixtos e singulares na provincia da Coruña durante o ano 2024.

Neste exercicio será os 31 beneficiarios; entre eles, o FIOT, Resis, Rock in Rian, Castelo Conta 2024, Festa da Carballeira de Zas, Feito a man, Atlántica, (S8) XV Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, Festiletras, MICE ou Festigal. Recibirán axudas de entre 6.000 e 45.000 euros.

«No contexto actual», explica a deputada de Cultura, Natividade González, «para esta Deputación poder manter o nivel de apoio que vén dando aos festivais de artes escénicas, cinema e música da provincia, o futuro esixe avanzar da man dos propios eventos na procura dunha maior estabilidade orzamentaria, dun maior equilibrio nas axudas recibidas por parte das diferentes administracións e dunha comprensión e asunción dos problemas que presenta a propia evolución do sistema de festivais, que medraron en número e orzamentos nos últimos anos».

Para González, «no departamento de Cultura da Deputación da Coruña entendemos que o apoio ao sector cultural ten que articularse cada vez de maneira máis manifesta ao redor dos impactos positivos e do compromiso da acción cultural coa comunidade na que se desenvolve». «As liñas de subvencións nesta área», engade «deben incorporar de maneira progresiva nos seus criterios de valoración os novos retos e esixencias vinculados aos intereses colectivos e ao enfoque do desenvolvemento sustentable, sen esquecer que isto implica formación, ferramentas e recursos».

A acción cultural é, para a deputada, «un factor imprescindible de desenvolvemento para a comunidade, polo seu carácter altamente transformador, creativo e innovador, pola súa contribución ao desenvolvemento das persoas e dos territorios». «Como parte activa da cultura», explica, «as entidades, empresas, artistas, axentes culturais e públicos, están chamados a ter un papel central neste proceso. Os eventos culturais, nomeadamente os festivais, obxecto desta convocatoria, debúxanse como espazos privilexiados para a convivencia, a innovación social, a reflexión e os debates, e o exercicio colectivo da responsabilidade. Son ferramentas con capacidade para transformar territorios, crear redes, promover talentos, experimentar procesos de innovación, impulsar a concienciación, e contribuír ao benestar comunitario».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.