diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Formoso subliña o compromiso da Deputación á hora de mellorar a vida das persoas con autismo e das súas familias

  • 2 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá o colexio de educación especial de Aspanaes, xunto coa deputada provincial e concelleira de Benestar Social da Coruña, Yoya Neira, con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

Formoso quixo subliñar «a sensibilidade e o compromiso da Deputación coas persoas usuarias de Aspanaes e as súas familias». «Todo o que fagamos é pouco, aínda que a nosa colaboración sexa permanente, por iso é fundamental que todas as institucións colaboremos para fomentar a inclusión social e laboral das persoas con TEA e prestar apoio ás familias», afirmou o presidente, que destacou que esta «non é labor dun día, senón dos 365 días do ano».

A deputada provincial, Yoya Neira, quixo recoñecer «o gran traballo que realiza Aspanaes á hora de atender ás persoas e todas aquelas entidades que se encargan de traballar con este espectro».

«Hai que poñer no punto de mira as dificultades que se atopan no día a día e temos que facer un esforzo entre todos para ser capaces de poñer cada vez máis recursos ao seu alcance» concluíu.

Pola súa banda, o presidente de Aspanaes, Ignacio Labella, agradeceu a visita do presidente e da deputada provincial e salientou que «o lema deste ano, ‘O autismo cerca de ti’, ten que ver con ese 1% de todos os nacementos que hai no mundo presentará autismo. Iso indica que somos un colectivo grande que precisa axuda, como a que presta a Deputación da Coruña, amosando o seu apoio no día a día».

En España, a condición autista ten unha prevalencia aproximada de 1 de cada 100 nacementos, o que significa que hai unhas 470.000 persoas autistas. Esta afección maniféstase de forma diferente en cada persoa, polo que podemos ter preto a alguén con este espectro e non sabelo.

Na actualidade, o colexio de Aspanaes na cidade da Coruña conta con 40 persoas usuarias, que requiren de atención e precisan de coidados especializados.

Aspanaes é unha das 273 entidades sociais que cada ano contan co apoio económico da Deputación

Aspanaes é unha das 273 entidades sociais que cada ano contan co apoio económico da Deputación. Nos últimos anos a entidade provincial contribuíu a financiar programas e terapias de fomento da autonomía persoal das persoas con TEA e entregoulle un novo vehículo adaptado para o transporte dos seus usurarios, entre outras actuacións.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad