diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

Formoso subliña a importancia do cooperativismo como ferramenta de desenvolvemento rural na súa visita a El Plantel, en Paderne

  • 3 de abril de 2024
  • Manuel García
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado do alcalde de Paderne, Sergio Platas, e das deputadas de Vías e Obras e Emprego, Mónica Rodríguez e Rosa Ana García, visitou esta mañá a cooperativa El Plantel Comarcal de Betanzos, onde foi recibido polo presidente da entidade, Juan Novo Novo, e a xerente, Carmen García e máis dunha decena de socios e membros da xunta directiva, que explicaron a actividade da empresa.

Fundada en 1974, El Plantel Comarcal agrupa actualmente a 70 socias e socios e da servizo a 170 pequenas explotacións agrogandeiras da comarca, centrando a súa actividade na fabricación de pensos e abonos, almacén agrícola, venda de combustible, servizos veterinarios e no apoio técnico aos agricultores, xa que contan cun técnico agrícola que asesora e programa os cultivos dos socios, que tamén reciben apoio para a venda e comercialización dos mesmos.

«Son produtos locais de cercanía e de gran calidade. Estas leitugas foron recollidas onte e hoxe están listas para estar na mesa», afirmou unha das integrantes da cooperativa durante a visita ás instalacións na que explicou que «estes produtos producidos nas hortas da comarca son despois distribuídos a pequenas tendas de Betanzos, Sada ou Miño».

As responsables da cooperativa explicaron tamén que manteñen acordos con outras para intercambiar produtos, como a cooperativa Agroflor: «Vendemos pementos do Couto e eles tomates de aquí», explicaron, ao tempo que recoñeceron que o relevo xeracional é un dos principais hándicaps.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou «a importancia que cooperativas como El Plantel Comarcal teñen como ferramenta para o desenvolvemento do rural, para ofrecer servizos e axudar a fixar de poboación».

«Desde a Deputación apoiamos este tipo de iniciativas e coincidimos cos seus socios e socias en que é importante facer visible que se pode vivir do campo e que as novas xeracións vexan tamén oportunidades no rural», afirmou o presidente, que destacou que «a unión destes produtores locais é a súa forza, ademáis dun produto excelente e de cercanía que chega das hortas ás nosas casas en apenas unhas horas», afirmou.

Varios dos socios plantexaron tamén ao presidente a posibilidade de ampliar a estrada que dá acceso á cooperativa, que se queda pequena debido ao paso continuo de vehículos pesados, un asunto que Formoso se comprometeu a estudar en colaboración co goberno local de Sergio Platas.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel García

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.