diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

Formoso felicita a MEGASA, “un exemplo da capacidade emprendedora da comarca de Ferrolterra” na entrega do Galardón Empresarial COFER

  • 26 de noviembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta tarde en Exponav-Ferrol no acto de entrega do Galardón Empresarial COFER, que este ano recaeu no grupo MEGASA pola súa traxectoria empresarial.

No acto participaron tamén o presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), Cristóbal Dobarro; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Durante a súa intervención, Formoso felicitou a MEGASA por este recoñecemento, que «non só celebra o éxito dunha empresa clave na historia desta comarca, senón tamén o esforzo, o traballo ben feito e os valores que a converteron nun referente no seu sector en toda España».

Para o presidente provincial, «o que comenzou cun pequeno taller de chapa e remaches, foi medrando ata converterse nunha das maiores industrias metalúrxicas de España, demostrando unha vez máis a capacidade dos emprendedores desta comarca».

Valentín González Formoso lembrou a historia de Bartolomé Freire, o maior de 10 irmáns nunha familia de As Somozas, que non só axudaba desde neno ao seu pai na fragua familiar, senón que tivo un carácter «curioso e emprendedor» que lle fixo traballar na Coruña, emigrar a Cuba e regresar con coñecementos sobre a industria siderúrxica para regresar á súa terra en 1933 e montar o seu primeiro negocio en Xuvia, no municipio de Narón.

«Aquel alpendre de madeira marcou o comezo dunha traxectoria que se consolidaría coa fundación de Freire Hermanos en 1943 e máis tarde, coa creación de Metalúrgica Galaica (MEGASA) en 1953», destacou o presidente da Deputación, que recalcou que «non é casualidade que os emprendedores que crearon outras grandes empresas galegas teñan tamén a súa orixe nun tempo e lugar moi próximos aos de Bartolomé».

«Parabéns a MEGASA e a todas as persoas que forman parte deste gran proxecto. Este galardón COFER é o recoñecemento a anos de traballo, a un legado de esforzo e dedicación, e a unha historia que segue escribíndose hoxe coa mesma paixón daqueles primeiros días coas novas xeracións da familia Freire, a historia dun xigante empresarial do aceiro, que aposta pola innovación e mira ao futuro sen esquecer as súa raíces nun pequeno alpendre de Xuvia», finalizou o presidente.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad