diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

Formoso destaca o “papel clave da provincia da Coruña”, con centros como AESIA ou o CiTIUS da USC, no desenvolvemento da Intelixencia Artificial en España

  • 21 de octubre de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá no acto de inauguración do vixésimo sétimo Congreso Europeo sobre Intelixencia Artificial (ECAI 2024) en Santiago de Compostela. O evento, que se celebra durante esta semana no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, reúne algúns dos maiores expertos en IA a nivel mundial, consolidando a Galicia como un punto de referencia na investigación tecnolóxica.

Durante a cerimonia de apertura, Formoso destacou «o papel clave da provincia da Coruña, con centros como AESIA (Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial), con sede na cidade da Coruña, ou o CiTIUS da USC.

Neste sentido, subliñou o papel do director do CiTIUS, Senén Barro, a quen lle agradeceu a súa «labor clave para que a cidade sexa a sede deste prestixioso foro, que este ano celebra ademais o seu 50 aniversario» e lembrou tamén a importancia de que A Coruña sexa sede da AESIA, a axencia estatal que regulará o desenvolvemento da IA no noso país.

Na súa intervención, o presidente da Deputación da Coruña subliñou a relevancia da Intelixencia Artificial como unha «forza transformadora» na sociedade actual. «A IA está xa presente en todos os aspectos da nosa vida cotiá, desde as redes sociais ata a industria, a medicina ou a enerxía», sinalou, destacando o papel clave que xogará esta tecnoloxía no futuro enerxético de Galicia, «un territorio clave no aproveitamento das enerxías renovables».

O congreso tamén ofrecerá unha plataforma para debater sobre os retos éticos que expón o desenvolvemento da IA, así como o seu impacto no mercado laboral.
Formoso citou un recente informe que estima que a IA podería afectar a 300 millóns de empregos en todo o mundo, pero destacou que «ao igual que sucedeu coa industrialización, este cambio tamén traerá novas oportunidades e nichos de emprego aínda por descubrir».

O ECAI 2024, que conta coa presenza de investigadores, profesionais da industria e responsables políticos de todo o mundo, consolidouse como un espazo clave para a reflexión e o intercambio de ideas sobre o futuro da Intelixencia Artificial. Durante os próximos días, os asistentes terán a oportunidade de participar en debates e presentacións sobre as aplicacións, o impacto social e os valores que deben guiar o desenvolvemento desta tecnoloxía.

«Coa participación de expertos de talla mundial, o congreso promete ser un fito na evolución da Intelixencia Artificial, e Santiago de Compostela, unha vez máis, convértese nun punto de encontro internacional para o coñecemento e a innovación», afirmou o presidente provincial.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.