diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

Formoso destaca o impulso que o proxecto Abrir Ferrol ao Mar dará á candidatura da cidade a patrimonio mundial

  • 3 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participou esta mañá en Exponav na presentación das actuacións que se desenvolverán na fronte terrestre do Arsenal dentro do proxecto Abrir Ferrol ao Mar. Formoso lembrou que a iniciativa é un fito máis nunha aspiración que deu os seus primeiros pasos hai máis de tres décadas, cando se substituíu un tramo da muralla do estaleiro por unha reixa, e animou o concello a «continuar cun proxecto ambicioso», ademais de agradecerlle á ministra de Defensa, Margarita Robles, a súa implicación.

Formoso subliñou que o Arsenal constitúe «un elemento patrimonial de relevancia máis alá do militar» e destacou que o seu valor arquitectónico e histórico convérteno no «corazón desa candidatura da cidade a patrimonio mundial». Unha candidatura que a través de Abrir Ferrol ao Mar terá «un novo e claro impulso», dixo.

Na presentación desta fase do proxecto, centrada en rebaixar a altura do muro para converter a parte superior nunha reixa e modificar e mellorar os accesos ao Arsenal, a ministra de Defensa remarcou a importancia da vinculación entre a Armada e a cidadanía, porque «é imposible concibir a Armada sen Ferrol e Ferrol sen a Armada», afirmou. Robles mostrouse ilusionada por que eses lazos se estreiten grazas ao proxecto Abrir Ferrol ao Mar, polo que animou ao alcalde a non «perder un minuto máis». «Ferrol meréceo», concluíu.

Pola súa banda, o rexedor, José Manuel Rey, trasladoulle á ministra o seu agradecemento pola «rapidez e determinación» coa que acolleu a iniciativa, como tamén ao xefe do Estado Maior e ao almirante xefe do Arsenal. Rey asegurou que recolle «o traballo de moitas corporacións» e chamou a unir esforzos en torno ao proxecto.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.