diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Formoso demanda incrementar recursos e sensibilizar contra o estigma das enfermidades mentais na inauguración da nova sede de FEAFES na Coruña

  • 14 de junio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presidiu o acto inaugural da nova sede da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) na rúa Revolución Francesa da Coruña.

No acto estivo acompañado pola deputada provincial e concelleira de Servizos Sociais, Yoya Neira, a xefa do servizo de xestión da Consellería de Sanidade, Marta Gil, e o presidente de FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón.

Formoso felicitou a FEAFAES Galicia, que integra a 12 asociacións en 30 localidades de Galicia, polos seus 40 anos de historia e pola súa loita continua a favor da mellora das condicións de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias.

O presidente da Deputación remarcou que a saúde mental «é un problema de índole social que medra ano tras ano e que case sempre enfrontan en primeira liña as familias, os concellos e entidades sociais como as que integran FEAFAES» e para o que son necesarios «máis recursos, máis medios e mellor coordinados e sensibilizar á sociedade contra o estigma que aínda persiste sobre as doenzas mentais».

Neste sentido, coincidiu con presidente de FEAFAES na necesidade de ir máis aló do marco asistencial para formular unha «abordaxe integral e eficaz» que dea solucións ás persoas que as sofren e as súas familias. «Por suposto, a saúde mental non é competencia da Deputación, pero é un asunto que nos incumbe a todos, por iso implicámonos para apoiar a entidades coma esta na súa importante labor de ofrecer apoio social, xurídico e de inserción laboral ás persoas que sofren a enfermidade e ás súas familias».

Pola súa banda, o presidente de FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón, destacou que «hoxe é un día moi importante porque esta nova sede da federación é froito de moitos anos de esforzo e suporá unha importante mellora na nosa actividade e polo tanto da calidade de vida das persoas ás que prestamos servizo», afirmou.

Girón agradeceu que a saúde mental «empeza por fin a entrar na axenda política» porque «é un problema global da sociedade e debe abordarse como un problema de saúde pública».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.