diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

O BNG denuncia que os códigos QR da Ruta Picasso na Coruña están tan desactivados como o goberno de Inés Rey

  • 3 de abril de 2023
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

“Información non dispoñible. Sentímolo, pero esta información non está activa neste momento”. Esta é toda a resposta que se pode obter se unha persoa quere activar os códigos QR da ruta Picasso existentes na nosa cidade. Así o comprobaron esta mañá, durante un paseo pola Rúa Real, Avia Veira e Mercedes Queixas, números 2 e 3 da candidatura do BNG na Coruña nas eleccións do vindeiro 28 de maio.

“A ruta Picasso está desactivada. Temos un Goberno Local totalmente desactivado”, ironiza Mercedes Queixas, portavoz de cultura do BNG no Parlamento galego. As últimas enquisas apuntan a que Inés Rey debería pactar cos nacionalistas e algunha forza máis de esquerda para poder repetir como alcaldesa.

Así as cousas, Avia Veira anuncia que o Bloque vai rexistrar iniciativas no Concello para “coñecer por que está a acontecer isto, por que están desactivados os códigos QR, por que non se pode acceder á información da ruta Picasso na rede”.

Critica Veira que xusto no 50 cabodano de Picasso non estea a funcionar correctamente unha aplicación que xa se estreou hai anos nas rúas da cidade ligadas á historia do xenio. “É triste que, por exemplo, no mesmo local onde Picasso fixo a súa primeira exposición –foi en 1895, no número 20 da Rúa Real- pois non podamos acceder á información que dá conta dun episodio tan simbólico na vida do artista”, di Veira.

Aínda que a ruta Picasso depende do Consorcio de Turismo, é obvio que está tamén ligada á política cultural que se promove desde o Concello. “E aí quen ten que dar explicacións é Inés Rey, pois foi ela quen asumiu as competencias nese ámbito despois de llas retirar, nunha das cíclicas crises de goberno habidas durante este mandato, a Jesús Celemín. Estamos ante unha nova mostra do desleixo do Goberno Local nesta materia”, conclúe Avia Veira.

Esta mañá. Número 92 da Rúa Real. Un lugar picassiano na nosa cidade. @Avia_Veira e @MercedesQueixas queren activar o código QR deste punto da Ruta Picasso (lembremos: estamos no 50 aniversario do pasamento do xenial artista) e acontece isto!! 👇 pic.twitter.com/DFXmLZRtDw

— BNG A Coruña (@BNGACorunha) April 3, 2023
Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.