diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

Diego Calvo critica ao BNG por reclamarle á Xunta e non ao Goberno rebaixas nas peajes das autoestradas

  • 5 de abril de 2022
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

O deputado do Grupo Popular, Diego Calvo, acusou hoxe no Pleno do Parlamento galego ao BNG de poñer sempre por diante de Galicia os postos de goberno que comparten cos socialistas, os seus socios necesarios, nas deputacións e algúns concellos. Fíxoo durante o debate dunha iniciativa na que os nacionalistas reclamaban rebaixas nas peaxes das autoestradas de titularidade autonómica “mentres calan cando é alarmante o caso da AP-53 de Santiago a Lalín, das máis caras de España, sen ningún tipo de bonificación e que deixa unha estrada nacional en pésimo estado de conservación e sen medidas de seguridade como única alternativa”. 

Diego Calvo lembrou aos nacionalistas que a Xunta leva desde o ano 2010 aplicando bonificacións nas súas autoestradas en tres direccións diferentes: por frecuencia de uso, por treito horario ou ben por pertenza a familia numerosa. “O Goberno central que vostedes apoian inaugurou hai uns meses, despois de anos de demandas e moito retraso, as rebaixas na AP-9 e, aínda así, esta autoestrada segue a ser máis cara que as que xestiona o goberno da Xunta”, asegurou Calvo, quen engadiu ademais que tamén a Xunta regulou por decreto o impacto que ían sufrir as peaxes debido ao previsible incremento do IPC. “E fixémolo antes da invasión de Ucraína, porque xa se vía vir o que pasaría grazas á nefasta política do Goberno que vostedes apoian en Madrid”, denunciou. 

Do mesmo xeito, Calvo criticou os “enganos permanentes” do BNG no Parlamento galego. “Non dicilo todo tamén é mentir, e vostedes saben perfectamente que o rescate que solicitan custa moitos cartos, que tería que asumir o goberno autonómico e que suporía darlle diñeiro ás concesionarias para quitarllo aos galegos”, asegurou, para deseguido preguntarlle directamente aos nacionalistas cal é o prezo que lle poñen a Galicia a cambio de mirar para outro lado cando os gobernos socialistas, e sobre todo o Goberno central, prexudican constantemente os intereses da comunidade. “A Xunta constrúe autopistas libres de peaxe e destina unha parte importante do seu orzamento ás obras de conservación das súas estradas para mellorar a seguridade. Iso por que non o din? Acaso non lles parece importante?”, matizou. 

Durante o debate, o portavoz de Infraestruturas falou tamén da nova Lei de Mobilidade aprobada xa polo Consello de Ministros e que non supón máis que novas inquedanzas polas repercusións que suporá. 

“O Goberno de España deixa ver nesta lei que entende a mobilidade máis como un privilexio que como un dereito dos cidadáns e aposta por crear novas peaxes nas autovías, limitar o uso de vehículos privados nas cidades e condicionar as obras de infraestruturas viarias e ferroviarias á súa rendibilidade económica e financeira”, asegurou Calvo, que engadiu tamén que non é fácil concluír que, ante estas premisas, “teríamos que renunciar a máis da metade das autovías planificadas e á maior parte das conexións de media distancia en Galicia”, o que suporía o abandono completo do entorno rural. 

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Galicia
    Abanca cerró 2022 con un beneficio de 217 millones de euros
    • 27.01.23
    • Marcos Rodríguez
    • Actualidad
    • Coruña
    Miguel Lorenzo se compromete a incrementar en un 40 por ciento la inversión en recursos para el deporte en A Coruña
    • 27.01.23
    • Manuel Pastor
    • Actualidad
    • Coruña
    Jorquera considera que Inés Rey no ha hecho nada por defender el modelo de Nostián ante el Gobierno Central
    • 26.01.23
    • Redacción
    • Coruña
    • Actualidad
    El Tribunal Supremo admite el recurso contra la designación de A Coruña como sede de la Agencia de Inteligencia Artificial
    • 26.01.23
    • Manuel Pastor
    • Actualidad
    • Coruña
    La Xunta alivia parte del problema de transporte público en Novo Mesoiro con un bus escolar al colegio Sardiñeira
    • 26.01.23
    • Marcos Rodríguez
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.