diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

Diego Calvo asegura que os últimos datos electorais auguran un «cambio seguro» na Deputación e os concellos da Coruña e Santiago

  • 19 de junio de 2024
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, asegurou hoxe que a análise dos datos dos procesos electorais celebrados no último ano auguran un “cambio seguro” no Goberno da Deputación da Coruña e nos executivos locais dos concellos de A Coruña e de Santiago de Compostela. 

Acompañado polo secretario xeral dos populares, Evaristo Ben, Calvo aproveitou a Xunta Directiva provincial que a súa formación celebrou esta tarde para subliñar que os resultados logrados polo seu partido nas últimas xerais, autonómicas e europeas veñen confirmar que o PP é a opción maioritaria cada vez que os veciños acoden a unha cita coas urnas.

“Os datos avalan as políticas que estamos a levar a nivel estatal, autonómico e local. Cada día que pasa son máis persoas as que están co PP e menos as que están co PSOE ou co BNG”, apuntou o líder dos populares, que subliñou que a conta atrás ten comezado para mudar o goberno da Deputación e para que o PP tome as rendas nos concellos de A Coruña e de Santiago de Compostela.

Con máis dun 42% do voto nas últimas europeas, os populares superaron en máis de 80.000 votos aos socialistas e en máis de 120.000 ao BNG. Ademais, dixo Calvo, o PP gañou en 92 dos 93 concellos da provincia, conseguindo 30.000 votos máis que os alcanzados nas europeas do 2019.

“En 41 dos 93 concellos superamos o 50% dos votos, e só en 16 baixamos do 40%. Son datos moi bos e que sinalan que imos polo bo camiño”, subliñou Calvo, quen destacou que nas tres cidades da provincia o Partido Popular situouse no 40%.

“A tendencia é moi clara na provincia e nas cidades e iso anímanos a seguira traballando cada día con máis responsabilidade porque a xente esíxenos que sigamos denunciando a situación na que se atopan os gobernos da Coruña e de Santiago de Compostela e propoñendo alternativas que melloren a calidade de vida e as oportunidades dos veciños”, afirmou o popular.

Sobre A Coruña, Calvo referiuse á última “reestruturación” anunciada no día de onte pola alcaldesa, Inés Rey, e que na súa opinión, o único que confirma é o “desgoberno interno” no que viven os socialistas, máis preocupados, dixo, de “apagar lumes” que de xestionar a cidade. 

“O de onte non é máis que unha acto para desviar o foco do realmente importante e que ten que ver coa falta de xestión, a improvisación, os problemas económicos e os escándalos nos que están involucrados algúns concelleiros co beneplácito da señora alcaldesa”, indicou Calvo.

O presidente popular referiuse tamén á situación que atravesa a capital de Galicia onde, ao seu xuízo, o goberno minoritario do BNG carece de proxecto de cidade. “Santiago está en mans dun executivo que non é capaz de avanzar en ningún dos aspectos que necesitan os veciños. Un executivo que depende duns socios de gobernos desnortados e que non saben se un día toca facer oposición ou xestionar”, lamentou Calvo.

Neste camiño por seguir preparado á súa formación para os seguintes retos, a Xunta Directiva provincial aprobou a celebración do próximo congreso local en Lousame, Ribeira e Teo, os días 15, 17 e 18 de xullo.

Consciente de que aínda hai moito traballo por facer para alcanzar os gobernos da Deputación e das tres urbes, Calvo non quixo deixar pasar a oportunidade para felicitar a todas aquelas persoas que teñen traballado moi duro durante o último ano para conseguir que a provincia da Coruña responda con rotundidade cada vez que ten unha cita coas urnas.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad