diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

Culturgal volve ser escaparate para os proxectos de Cultura da Deputación

  • 27 de noviembre de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

A edición 2024 do Culturgal, o espazo de encontro entre as diferentes culturas galegas e os seus públicos, celebrarase do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Entre as 200 actividades, 100 expositores, seis escenarios e 500 artistas do programa estarán os tres proxectos cos que a área de Cultura da Deputación da Coruña participa este ano na feira.

Na caseta 2 terá espazo propio, con información e merchandaxe, o Reino de Galicia, a liña de traballo pola que o departamento provincial coruñés apostou en 2021 para a dar a coñecer e difundir a etapa medieval galega.

‘Premios que tecen redes: certames literarios da Deputación da Coruña’ será o lugar de encontro, o domingo 1, ás 16 horas, no Escenario B, cos gañadores e a gañadora de tres dos concursos de literatura que convocou en 2023 a institución provincial. Nun faladoiro conducido pola xornalista e comisaria dos premios, Susana Pedreira, César Lorenzo (vencedor do XXXV Torrente Ballester de narrativa en lingua galega), Blanca Paula Rodríguez Maragatos (XIV Murguía de ensaio) e Rafael Fernández Lorenzo (XVII Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil) presentarán os seus libros, que chegaron ás librarías hai uns días, e conversarán sobre eles coas primeiras persoas que os leron: xurados e comisión lectoras.

Tamén para o domingo, ás 17 horas, no Escenario infantil, está programada a actuación dos grupos Hush, de Teo, e Interestelares, do Morrazo, gañador (na categoría infantil) e finalista (categoría xuvenil) da sétima edición do concurso de música Quero Cantar.

«O Culturgal», explica a deputada de Cultura, Natividade González, «é unha cita para nós moi especial porque temos contacto estreito co público». «Como administración», engade, «valoramos a oportunidade de que coñezan o noso traballo os profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e outras institucións, pero esa proximidade co público dálle un plus á feira e é perfecta para poñer en valor o talento das autoras e autores que dan prestixio aos nosos premios literarios, o mesmo talento, e enerxía, que teñen os participantes do concurso Quero cantar, como seguro van demostrar aquí no Escenario infantil».

González animou ao público a visitar a caseta da Deputación: «As persoas que se acheguen ao noso ‘stand’ poderán coñecer de xeito gráfico e rigoroso a historia, extensión e cronoloxía do Reino medieval de Galicia, a través do completo material de difusión que lles ofreceremos».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad