diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Críticas de Marea Atlántica pola «febre urbanística» de Inés Rey a tres meses das eleccións municipais

  • 28 de febrero de 2023
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Na mesma liña recente de duras críticas contra o goberno ao que sostivo co seu apoio durante toda a lexislatura, Marea Atlántica volve cargar contra a xestión de Inés Rey no que se refire á idea que a alcaldesa ten do urbanismo na Coruña, un modelo que dende o grupo se considera obsoleto.

Xan Xove e María García ofreceron unha rolda de prensa na que mostraron o seu rexeitamento polo que consideran «febre urbanística» a tres meses das eleccións municipais: «Preocúpanos este ronsel de proxectos que Inés Rey está a impulsar sen a mínima reflexión, todos eles modelos obsoletos e  herdeiros do plantexamento urbanístico dos anos 90 e con altas doses de formigón«.

O candidato de Marea reclámalle ao PSOE que non tome decisións que comprometan o futuro da cidade, sobre todo se hai un cambio en María Pita: «Pedímoslle á alcaldesa que non hipoteque ao novo goberno que sairá en maio das urnas con decisións urbanísticas que nin suman nin son progresistas. Dentro de tres meses, despois das eleccións, será o momento de revisar o Plan Xeral de Ordenamento Municipal».

San Pedro de Visma, a Agra de Santo Amaro, o cambiazo na Cidade das TIC, a reactivación das Percebeiras… «Estase a destar unha febre urbanística nas últimas semanas arredor de Inés Rey que a alcaldesa parece asumir sen plena conciencia. Máis que presidir un goberno e facer política urbanística, parece que leva unha xestoría de intereses inmobiliarios de terceiros», apuntou María García.

Especialmente críticos foron dende Marea Atlántica co xiro de 180 grados que dou o proxecto da Cidade das TIC. Denuncian que o Goberno municipal cedeu ante as presións do Ministerio de Defensa, que esixía eliminar zonas verdes, espazos abertos e incluso o aparcamento disuasorio: «O proxecto tivo un moi bo punto de partida, pero avanza no sentido contrario. Queren convertelo nun polígono industrial á vella usanza, pechado sobre si mesmo e separado da cidade».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.