diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña
  • Actualidad

U-la alcaldesa dos barrios?

  • 10 de noviembre de 2023
  • Sabela Pérez
Total
0
Shares
0
0

O pasado mes de xullo Inés Rey recibiu en María Pita a Luisa Varela, a presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, colectivo do que poucos poden identificar a súa utilidade. O caso é que entre sorrisos e parabéns, a alcaldesa a través dos seus medios de propaganda fixo fincapé en que entre os seus ámbitos de funcións para o novo mandato figuraba, tal e como se apunta na web do Concello, a das Relacións veciñais e Barrios. Coma se fose algo excepcional para unha rexedora. 

Así que Rey anunciou que desde setembro (vese que no verán os veciños e os barrios non merecen a súa atención) ía realizar encontros periódicos coas asociacións veciñais da cidade para coñecer de primeira man reclamacións e suxestións. “Levaba a intención de presentarlle unha proposta nesa liña, pero xa mo dixo ela, así que estupendo”, resumiu Varela tras a reunión.

Inés Rey anunciou visitas aos barrios en consecuencia a esa nova función que asume. Unha maneira tamén de deixar claro que durante longos meses non pisou a rúa máis que o indispensable. Din os que a trataron nalgunha das súas contadas escapadas aos barrios (en o Castrillón tivo unha tan soada que non quedaron moitas máis ganas de saír do despacho), que a rexedora ten un problema de pel coa xente, que no man a man inicial saca a relucir un certo encanto para logo exhibir as uñas cando relocen suxestións ou reivindicacións. Por iso chamaba a atención que asumise tan pizpireta o seu novo rol.

Pero a realidade leva por diante as promesas. Empeza novembro e nada se sabe desas reunións barriais da alcaldesa. E xa empeza a resoar unha interrogante: 

U-la alcaldesa dos barrios?

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Sabela Pérez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.