diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Coruña

Soledad Agra participa na presentación do Informe anual da Liña do Galego correspondente ao 2023 da Mesa pola Normalización Lingüística

  • 6 de abril de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e Soledad Agra, deputada de Lingua da Deputación da Coruña, presentaron en Compostela o Informe anual da Liña do Galego correspondente ao 2023. Un informe que forma parte do apoio da Deputación da Coruña á Liña do Galego: un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc., que vulneran os dereitos lingüísticos; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego.

Segundo recolle dito informe, ao longo do pasado ano, a entidade de defensa da lingua tramitou a través de chamadas, correos electrónicos e da app da Liña do galego un total de 1129 expedientes, dos que 650 foron consultas, 29 foron parabéns e 450 foron queixas. Destas queixas, a gran maioría estiveron motivadas polas discriminacións e exclusións lingüísticas (28%) e pola toponimia deturpada (25% ). Un apartado no que as queixas medran ano tras ano é o referido ao uso do galego nas web e servizos en liña, que ao longo de 2023 supuxo o 22% das queixas recibidas pola Liña do Galego. O establecemento da vida dixital leva as persoas galego falantes a se decataren de que os seus dereitos lingüísticos son vulnerados acotío nestes servizos en liña.

Na presentación do informe, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, lembrou que A Liña do Galego é o único servizo gratuíto que se oferta en Galiza para consultas, queixas e parabéns e que neste momento só conta coa colaboración da Deputación da Coruña, cuxo compromiso destacou fronte ao absentismo das súas obrigas da Xunta de Galiza. «A acción da Liña do galego é recoñecida ano após ano nos informes da Valedora do Pobo ao Parlamento de Galiza como fundamental para resolver positivamente parte das denuncias con motivación lingüística que recibe a institución», recordou, e serve para documentar denuncias internacionais como as presentadas no Consello de Europa ou a ONU.

A deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra, recordou que «é preciso traballar pola igualdade de dereitos lingüísticos e pola fin dos prexuízos, tópicos e actitudes negativas que aínda hoxe afectan ao uso da nosa lingua» e salientou a obriga das entidades públicas á hora de «garantir que calquera persoa que así o desexe poida desenvolver a súa vida plenamente en galego con normalidade». Neste sentido, Agra salientou que «non debera ser a sociedade civil a que se organice na defensa dos seus dereitos lingüísticos», pero mentres teña que ser así o compromiso do seu departamento coa Liña do Galego será inquebrantable e anima a cidadanía a facer uso deste servizo.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.